Que é Afrontemos?

Un programa de atención psicolóxica para a comunidade UDC.

Un espazo seguro para afrontar as túas dificultades con axuda especializada. Se estás pasando por unha situación de estrés ou crise psicolóxica (ansiedade excesiva ou inxustificada, sentimento de soidade e sensación de incapacidade para facer fronte ás demandas do día a día, estados de tristeza e nostalxia sen razón aparente ou incontrolables, afrontamento de enfermidade e perdas, pensamentos recorrentes, dificultades nas relacións persoais ou conflitos coa familia, no ámbito profesional ou da facultade/escola…), podes recibir asesoramento e atención especializada cun equipo capacitado e comprometido para coidar o teu benestar emocional, non tes que afrontalo en soidade.

Afrontemos é un servicio gratuíto, accesible e rigorosamente confidencial de asesoramento e atención psicolóxica cun equipo de especialistas en psicoloxía sanitaria e clínica.