Estes tres obradoiros que se describen máis abaixo están programados de xeito simultáneo nas seguintes datas: 2 outubro, 6 novembro, 4 decembro, 5 febreiro, 2 abril. Cada unha desas datas é, polo tanto, unha alternativa que se ofrece como oportunidade de facer algún dos tres obradoiros. Así, é posible facer máis dun obradoiro, mesmo os tres, se te inscribes en meses diferentes a cada un deles. O obradoiro programado realizaríase sempre que se xunte un número mínimo de 7 persoas e non se admitirá a máis de 15 por quenda. Se non es unha das persoas seleccionadas sempre podes anotarte o mes seguinte ou noutro que che veña ben.
Se estás interesado/a en realizar algún dos obradoiros debes anotarte no seguinte enlace:
https://forms.office.com/e/ikEcpy3juj
Comunicarase por correo electrónico a aceptación da inscrición no obradoiro así como o seu lugar de realización (en función de a que campus pertencen as persoas inscritas).
Este obradoiro ensinarache como identificar e comprender sinais, síntomas e experiencias de ansiedade e estrés. Aprenderás a recoñecer, nas reaccións da túa vida cotiá, os sinais de advertencia sobre a aparición dunha ansiedade excesiva e inxustificada. No obradoiro ofrecerémosche estratexias e técnicas que poden axudarche a previr, controlar e aliviar os síntomas da ansiedade. Farás exercicios sinxelos para gañar confianza e coñecemento sobre como aplicar, no teu contexto habitual, algunhas técnicas para xestionar a ansiedade.
Obxectivo: aumentar o coñecemento e a comprensión do estrés e a ansiedade, gañando confianza para aplicar técnicas de xestión da ansiedade na túa vida diaria. Espérase que con este taller poidas conseguir:
Duración: 3 horas
Este obradoiro proporciónache habilidades básicas para identificar sinais ou indicadores de problemas de saúde mental noutras persoas próximas e en ti mesma/o, alén de para responder a tales sinais ou indicadores.
Esperamos deste obradoiro que poidas conseguir:
Duración: 3 horas
Algunhas relacións poden deixarte emocionalmente esgotada/o. Neste obradoiro explórase a diferenza entre relacións saudables e tóxicas. Comezamos identificando os sinais de alerta nas relacións tóxicas (celos, comunicación defensiva, control, culpabilización etc.). Podes aprender a recoñecer a manipulación, o comportamento controlador e o abuso emocional. O obradoiro proporciónache tamén ferramentas para establecer límites saudables mediante a práctica de técnicas de comunicación asertiva (por exemplo, aprender a dicir «non» e establecer prioridades).
Para detectar e xestionar os vínculos tóxicos é importante recoñecer claramente as características das relacións saudables. Para iso utilizamos un modelo de tres pasos:
O obradoiro pode resultar útil para previr calquera tipo de relación non saudable, pero especialmente se experimentaches (no presente, na infancia ou na adolescencia) algunha relación abusiva, narcisista, controladora, esgotadora. Puido acontecer no marco da parella, da familia ou da contorna laboral ou das amizades.
Duración: 3 horas