Que é ALCMENA?
ALCMENA é un programa de mentoría promovido pola Facultade de Informática da Universidade da Coruña para promocionar a formación algorítmica do alumnado de secundaria e bacharelato de Galicia.
A primeira actividade deste programa é a impartición de clases de apoio e mentoría de programación, aliñadas coa formación da Olimpíada Informática Española. Estas clases celebraranse os venres pola tarde, cada dúas semanas, de 18:00 a 19:00, na Facultade de Informática, empezando o venres 10 de outubro de 2025.
A quen vai dirixido?
Estudantes de secundaria e bacharelato de Galicia.
Que vas conseguir
O obxectivo xeral do programa é fomentar o interese e o talento no campo da informática e a programación entre estudantes de secundaria e bacharelato de Galicia. De forma específica, o programa ALCMENA busca axudar a desenvolver as habilidades de programación e resolución de problemas algorítmicos, promover o pensamento lóxico e a creatividade, e axudar a descubrir e potenciar o talento neste ámbito científico. Ademais, ao estar aliñado coa formación da Olimpíada Informática Española, permitirá preparar ao alumnado para concursos de programación, como a Olimpíada Informática Galega.