A biblioteca de Camiños almacena os proxectos realizados na Escola desde 1996 ata agora.
Os proxectos en papel ou CD non se prestan, só se poden consultar dentro da nosa biblioteca.
Temos lectores de CD que podes conectar ao teu portátil (conexión USB). Pídeos no mostrador.
Se queres consultar proxectos por materia, podes facelo clicando nas iconas por titulación que aparecen nesta páxina.
Se buscas un proxecto en CD-ROM dunha autoría ou dun título determinado, entra no catálogo.
Para pedilo no mostrador, anota a súa signatura (RPCD + número). Podes ver un exemplo nesta ligazón: proxecto no catálogo.
Só se permite ver un proxecto de cada vez, pero pódense consultar todos os que sexan necesarios.
Só se poden consultar por unha causa xustificada porque non están físicamente na biblioteca (por iso non aparecen nas listaxes da nosa web).
Son os proxectos máis antigos. Encontraralos no catálogo coa signatura RPC + número: exemplo.
Se che interesa algún, solicítao no mostrador da biblioteca. Teralo dispoñible ao día seguinte da túa solicitude.