A colección da Biblioteca Casa do Patín está composta polos fondos pertencentes ás seguintes facultades:
- Facultade de Enfermaría e Podoloxía
- Facultade de Humanidades e Documentación
- Facultade de Ciencias do Traballo
- Escola Universitaria de Deseño Industrial
A distribución por plantas é a seguinte:
- Planta baixa: fondos de Deseño Industrial e Relacións Laborais. Tamén está situada a hemeroteca, onde podedes consultar as revistas relacionadas coa vosa área de coñecemento.
- Primeira planta: fondos de Humanidades, Xestión Industrial da Moda e Relacións Internacionais. Nesta planta tamén se atopa o fondo local (Ferrol e comarca).
- Segunda planta: fondos de Enfermaría e Podoloxía, e tamén fondos de Xestión Dixital de Información e Documentación.
- Terceira planta: obras de referencia (enciclopedias, dicionarios, atlas, memorias, etc.). As obras de referencia son de consulta en sala, non se poden levar en préstamo.
A nosa colección está formada por libros, revistas, materiais audiovisuais, mapas, planos, traballos académicos, etc., en diferentes soportes e formatos. Podedes buscar os documentos en Crunia (catálogo da biblioteca).
Moitos recursos están en formato electrónico. Para acceder a eles podedes facelo desde os nosos ordenadores ou desde os vosos dispositivos (portátiles, tablets, smartphones...) autenticándovos primeiro coas vosas claves desde Acceso desde fóra da UDC.