O 18 de novembro de 1996 abría as súas portas ao público a Casa do Patín como Biblioteca Universitaria. Con motivo do noso 20 aniversario, fixemos unha exposición onde se puido ver unha maqueta da biblioteca, unha selección bibliográfica sobre a Casa do Patín e o campus e unha exposición fotográfica co antes e o despois da restauración. Tamén puxemos un libro de firmas e o deseñador gráfico fenés Carlos Sardiña (www.telodibujamos.com) creou o cartel de conmemoración do aniversario.