Esta sección ten como obxectivo axudar ao estudantes que están a realizar o traballo TFM/ TFG en todo o relativo á información e a documentación: selección e valoración das fontes de información; construír unha estratexia de busca; citar e referenciar bibliografía.
Razóns para levar a cabo unha revisión da literatura:
Aínda que o proceso de revisión da literatura está moi lonxe dos obxectivos dunha revisión sistemática (Systematic Review), as características desta poden servirnos de guía para un traballo académico como é o TFG e o TFM.
Unha pregunta clínica ben definida ten que estar enfocada cara a cuestións específicas. Que aspecto queremos abordar?: unha terapia particular; efectos preventivos que inflúen na calidade de vida; viabilidade económica dun procedemento.
A pregunta clínica pódese reducir a catro tipos:
- Terapia.
- Prognóstico.
- Diagnóstico.
- Análise económica/decisión.
Unha boa pregunta (estudos cuantitativos centrados no efecto) adoita incorporar os elementos PICO:
Outras variantes como PICOS ou PICOT incorporan o estudo de deseño (S) ou o marco temporal (T). PICo úsase na investigación cualitativa (centrada na experiencia):
Este modelo PICO guíanos no proceso de construír a estratexia de busca.
Para asegurar o rigor científico do teu traballo de revisión deberás ter en conta dous aspectos: os criterios de inclusión e exclusión, e a metodoloxía.
Os criterios de inclusión poderán verse afectados polos estudos dispoñibles e ao mesmo tempo determinan que artigos de investigación serán seleccionados.
Á hora de establecer os criterios de inclusión haberá que abordar as seguintes cuestións:
A metodoloxía segue a seguinte secuencia: procura da literatura >>valoración dos estudos recuperados>>extracción e síntese dos datos>> resultados>>conclusións>>Implicacións para a práctica clínica.
A construción da estratexia de busca e a procura de evidencia.
A meta é identificar a maior cantidade de estudos sobre o tema de interese que sexa viable nunha busca exhaustiva. Se non atopas a evidencia non pode ser revisada.
A realización dunha procura exhaustiva require unha serie de procesos:
- Desenvolvemento dunha cadea de busca.
- Buscar nas bases de datos bibliográficas que indizan a investigación en ciencias da saúde.
- Busca de literatura gris, non publicada.
- Busca manual.
A busca é un proceso interactivo, que implica unha continua valoración e filtrado dos resultados. A utilidade dos termos de busca, descritores e palabras chave está determinada polo resultado da busca.
A busca ten que ser tanto sensible (sensitive) como específica para recuperar os estudos relevantes e excluír os irrelevantes.
O desenvolvemento da estratexia de busca: é imprescindible definir a pregunta de revisión e os criterios de inclusión.
Hai que abordar as seguintes cuestións:
- Tipo de datos que se buscan (cuantitativos, cualitativos, económicos).
- Tipo de estudos (RCTs, estudos de cohortes, estudos etnográficos, etc.).
- Límites e restricións da investigación (data de publicación, lingua).
Exemplo de busca:
“Is animal-assisted therapy more effective than music therapy in managing aggresive behavior in elderly people with dementia?”
POPULATION: elderly patients with dementia.
INTERVENTION: animal-assisted therapy.
COMPARISON INTERVENTION: music therapy.
OUTCOME MEASURES: aggressive behaviour.
Pasos a seguir:
Onde hai que buscar?:
Bases de datos imprescindibles nunha revisión sistemática.
Buscar literatura gris:
Informar a estratexia de busca.
Hai que informar a estratexia incluídos os filtros e bases de datos utilizadas. Moitos investigadores utilizan as directrices PRISMA (Prefered Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analysis).
Hai dúas fases neste proceso:
1.º : Revisar os documentos recuperados para ver cales queremos ler a texto completo (Screening).
2.º : Valoración crítica daqueles documentos seleccionados para a súa lectura.
A valoración crítica difire se se trata de estudos cuantitativos (mide a eficacia dunha intervención) ou cualitativos (examina o significado individual e a experiencia).
Diagrama de Fluxo Prisma Ligazón
Hai que ter en conta os criterios de inclusión e exclusión en relación con:
- O período cronolóxico.
- A lingua dos artigos.
- Ver se a poboación de estudo se axusta a estes criterios de inclusión/exclusión.
- Está informado o deseño do estudo? É relevante para a revisión?
- Hai unha medición dos resultados?
VALIDEZ INTERNA DOS ESTUDOS: avalía a calidade dos estudos en función da relación causal entre a intervención e os resultados, é dicir, como de ben se poden inferir estes resultados a partir dos descubrimentos realizados.
Ferramentas para a valoración critica: JOANNA BRIGGS INSTITUTE Checklist
Esta fase do proceso de revisión lévaa a cabo o profesional investigador de ciencias da saúde e excede o campo da información e a documentación.
Recomendamos a asesoría do persoal docente.
O estándar para a presentación de resultados é:
The Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses (PRISMA).
Hai que documentar os seguintes elementos:
1. A selección de estudos. Incluído o diagrama de fluxo PRISMA con detalles específicos de por que os estudos foron incluídos ou excluídos. As bases de datos utilizadas, as buscas manuais, e os riscos de parcialidade (selection bias, publication bias).
2. Asignación de niveis de evidencia ás recomendacións. No sumario de descubrimentos hai que graduar o nivel de evidencia por cada un dos resultados identificados no protocolo de revisión.
Da avaliación risco/beneficio obtemos recomendacións fortes ou débiles (strong vs weak recommendations).
3. Implicacións para a práctica. Haberá que valorar:
4. Significancia estatística vs clínica. A importancia estatística non sempre se traduce en relevancia para a práctica clínica.
5. implicacións para posteriores investigacións
6. Limitacións e conclusións
Recupéranse documentos relacionados co coidado e a hixiene dental.
Na liña 14 súmanse todos os documentos para recuperalos todos xuntos (operador OR)
15. Preventive Dentistry/
16. Health Promotion/
17. Health Education, Dental/
18. (health adj2 (promot* or advi?e or educat* or practic* or improv*)).mp.
19. (prevent adj2 oral).mp.
20. (prevent adj2 dent*).mp.
21. 0r/15-20
Recupéranse documentos relacionados coa prevención e educación bucodental.
Na liña 21 súmanse todos os documentos co operador OR
22. Midwifery/
23. Nurses/
24. Education, Nursing/ or Nursing/ or Public Health Nursing/ or Neonatal Nursing/ or Pediatric Nursing/ or Maternal-Child Nursing/ or Community Health Nursing/ or Primary Care Nursing/ or Obstetric Nursing/ or Nursing Staff/
25. Health Personnel/
26. ((nurs* adj2 educat*) or (midwi* adj2 educat*) or nurs*adj2 train or (midwi* adj2 train*) or (nurs* adj2 practic*) or (midwi* adj2 practic*)).mp.
27. (health visit* or home visit*).mp.
28. Or/22-27
Enfermeiras e matronas
(Recuperamos os documentos que cumpren todas as condicións da busca)
CUIDADO DENTAL AND PREVENCIÓN/PROMOCIÓN AND ENFERMEIRAS/MATRONAS