Asesoramento

Somos un servizo de apoio á aprendizaxe, docencia e investigación. Ofrecemos, polo tanto, asesoramento en cuestións concretas tanto para PDI como para estudantes: identificadores, métricas, xestión bibliográfica, etc.


 

Profesorado


Unha labor, de crecente importancia, é o asesoramento ao noso persoal investigador en variadas e diferentes cuestións. O profesorado da nosa facultade ben sabe a man que lle podemos botar con dúbidas ou en situacións relacionadas có lado máis bibliográfico do seu traballo. 

  • Creación, revisión e actualización de perfís e identificadores: ORCID, Web of Science, Scopus, Google Scholar, etc.
  • Obtención e exportación de métricas bibliográficas en Web of Science e Scopus.
  • Colaboración na preparación das solicitudes de acreditación ou sexenios.
  • Asesoramento sobre onde e onde non publicar: revistas en acceso aberto, revistas predadoras, etc.
  • Axuda na subida de traballos propios ao repositorio institucional (RUC).
  • Manexo da ferramenta antiplaxio Turnitin.
  • Uso e optimización de xestores bibliográficos.
  • Organización de sesións formativas a demanda para o seu alumnado.

 

Alumnado


O alumnado tamén pode ter dúbidas que nós podemos axudarlle a aclarar, dende cousas moi sinxelas relativas ao uso do catálogo ata outras de maior complexidade relacionadas, por exemplo, coa construción de referencias bibliográficas.

  • Información sobre normativa e uso do Servizo de Biblioteca Universitaria.
  • Utilización e aproveitamento de Crunia.
  • Axuda con buscas bibliográficas en bases de datos e outros recursos en liña.
  • Revisión de citas e referencias bibliográficas nos TFG e TFM.