Formación

Temos o Plano de Formación en Competencias Dixitais da Biblioteca Universitaria para doutorandos e PDI elaborado fifty−fifty co CUFIE. Temos sesións formativas propias. Temos titoriais, guías e materiais (auto)formativos. Tamén formación á carta.


 

Sesións formativas



 

BUDCWTF!


Unha charla interactiva que repetimos cada setembro para presentar a biblioteca como é debido: con estilo, elegancia e sinxeleza. Vai dirixida ao estudantado de primeiro recén aterrado na nosa facultade e na UDC e, talvez, pouco familiarizados coas marabillas e instalacións que ofrece a nosa biblioteca. No 2020 sustituímola por este vídeo tan xeitoso que, non si e por sorte, xa vai quedando un poco desactualizado.


 

TFG: primeiros pasos


Unha sesión dirixida ao alumnado que inicia o seu traballo de fin de grao e que facemos dúas veces ao ano. Moi centrada en como buscar e xestionar información científica e en fontes e ferramentas idóneas para afrontar tan titánica labor, non deixa de lado outros pilares como a redacción ou a defensa do TFG.


 

Xestionar bibliografías


"Un xestor bibliowhat?" está a converterse nunha desas cuestións que bibliotecarias e bibliotecarios escoitamos con certa asiduidade. Para contestala, elaboramos esta sesión á carta dirixida ao alumnado de 3º e 4º na que nos introduxemos no fascinante mundo das bibliografías e os xestores bibliográficos.


 

ORCID


ORCID leva anos converténdose nunha ferramenta vital para investigadoras e investigadores de todo o mundo, feito polo cal a Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia da nosa universidade vén recomendando ao seu PDI que estea presente nesta plataforma. O persoal do Servizo de Biblioteca emerxe aquí como elemento facilitador para ter e manter un perfil en ORCID.


 

Turnitin


Turnitin é a ferramenta antiplaxio que teñen subscrita as tres universidades galegas. A proposta do Vicedecanato de Organización Académica, preparamos unha sesión en maio de 2018, aínda vixente, na que falamos có PDI da nosa facultade sobre o sistema e que complementamos con esta marabillosa infografía


 

Plano de Formación en Competencias Dixitais da Biblioteca Universitaria


O Servizo de Biblioteca Universitaria da UDC, a través do CUFIE, dispón dun plano de formación en competencias dixitais que ten por obxectivo formar á comunidade universitaria en competencias e habilidades que permitan o acceso e o uso eficiente da información nun entorno dixital.

A formación consta dunha oferta de cursos semipresenciais dirixidos ao alumnado de doutoramento e ao PDI da Universidade, aínda que está previsto ampliar a oferta formativa do plano con máis cursos destinados a estudantes de máster ou grao.

Os cursos que conforman este plano son, na actualidade, dous:


 

Guías



 

Titoriais