A nosa colección

A nosa colección está formada por distintos documentos, libros, revistas, obras de referencia, traballos académicos (TFGs, teses, practicums), películas, narrativa (BIC), etc… en distintos soportes.

Serve como apoio ao estudo, investigación e docencia da nosa Facultade, polo que atoparás obras de distintas disciplinas, como psicoloxía, anatomía, neurociencia, nutrición, biomecánica, medicina deportiva, filosofía e historia do deporte, adestramento, escalada, fútbol,  balonmán, natación, expresión corporal, etc.

Os traballos académicos en papel, identifícanse coas signaturas:

TFG (Inef) para os traballos fin de grao 

PRT- para as memorias do prácticum

No Repositorio institucional da Universidade (RUC) podense localizar tamén Traballos fin de grao, teses, ...

 

Clasificación da colección bibliográfica da nosa biblioteca:

 

        ClasificacionXeral                   ClasificacionDeportes        

 

Todas as obras están en libre acceso, agás aquelas que debemos protexer polo seu valor bibliográfico, os traballos académicos ou as obras obsoletas, ou  de baixo uso, que non deben ocupar un espazo na sala de lectura e consulta, e que se atopan no depósito da Biblioteca.

 

Para localizar os documentos é preciso consultar o Catálogo dende calquera dos nosos ordenadores de consulta, ou dende calquera dispositivo con conexión a Internet. 

 

Esta colección compleméntase có acceso a outros recursos de información electrónica (bases de datos, revistas electrónicas, ebooks…) accesibles a través da rede institucional da Universidade da Coruña, no enderezo electrónico https://www.udc.es/biblioteca