A biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física dispón dunha sala de traballo en grupo. Non é unha sala de estudo.
Poden facer uso dela, por esta prioridade:
- Profesores con estudantes, para actividades didácticas.
- Estudantes para realizar traballos en grupo.
Número de usuarios
O número de postos de traballo é de 4
A duración normal do préstamo da sala é de 4 horas.
Horario
O horario da sala de traballo é o mesmo que o horario da biblioteca.
Responsabilidade dos usuarios
- Non está permitido comer nin beber.
- Os teléfonos móbiles deberán estar desconectados.
- Manterase un ton de voz que non moleste ao resto da biblioteca.
-Esta prohibido o acceso con bolsos e mochilas.