Boaventura de Sousa Santos

Con motivo do nomeamento de Boaventura de Sousa Santos como Doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña no 2018 realizamos unha exposición bibliográficia na biblioteca acompañada dunha guía con bibliografía do autor.

Anteriomente, o profesor De Sousa participou no ciclo de conferencias “A universidade pública posible” que a Universidade da Coruña organizou para conmemorar o seu 25 aniversario, coa intervención As epistemoloxías do Sur e a Universidade do futuro, que tivo lugar na Facultade de Socioloxía en abril de 2015 ante un abarrotado auditorio, e nesa ocasión tamén a biblioteca promocionou o seu traballo a través dun centro de interese.

"As epistemoloxías do Sur e a Universidade do futuro", dentro do Ciclo de conferencias “A universidade pública posible”