A biblioteca como espazo de rodaxe

Entrevista a Victor Grande (c) Entrevista a Victor Grande por Bruno Pena Calvo

É habitual ver aos estudantes de Comunicación Audiovisual levando os seus equipos de gravación dun lado ao outro e localizando as súas obras audiovisuais en calquera recuncho do centro.

Tamén podedes utilizar a biblioteca para filmar os vosos traballos, mais para iso é preciso que nolo solicitedes a través dun formulario onde precisedes a data e as horas que vai durar a gravación, coa finalidade de que poidamos avisar con antelación aos nosos usuarios de que esa actividade vai ter lugar. Consultade a nosa normativa sobre este tema antes de facer a solicitude.

A modo ilustrativo mostrámosvos unha imaxe da entrevista ao cómico Víctor Grande realizada por Bruno Pena Calvo.

Ademáis poñemos á vosa disposición o noso material (lámparas, sofá e sillóns da zona de descanso, libros...) para que utilicedes como atrezzo nas vosas filmacións.

Solicitude de permiso para fotografar e gravar