Acceso desde casa

(c) Alex Knight

Alex Knight

 

Os membros de pleno dereito da comunidade universitaria (estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos) poden consultar a colección electrónica desde casa ou desde calquera outro lugar non conectado á rede da Universidade da Coruña previa identificación en Servizos UDC, grazas ao servizo de acceso remoto seguro (VPN-SSL). Lembra que para introducir as credenciais (usuario e contrasinal) tes que estar dado de alta en servizos. Se é a primeira vez que entras en servizos, activa a túa conta.

RESPONSABILIDADES

A Biblioteca Universitaria contrata recursos de información únicamente con fins académicos, polo tanto non se permite o seu uso con fins lucrativos nin para o desenvolvemento de actividades profesionais alleas á Universidade. As licenzas de contratación destes recursos só permiten o acceso aos membros da comunidade universitaria, sendo responsabilidade destes a correcta utilización das súas claves e contrasinais de acceso. Lémbrase que hai que facer un uso respectuoso destes recursos en relación cos dereitos de propiedade intelectual, é dicir, un uso que non vulnere a súa explotación normal e non produza prexuízo nos intereses lexítimos dos titulares destes dereitos. Non se permite a reprodución íntegra dos recursos electrónicos de información, nin de partes substanciais destes e, en caso de citación de materiais extraídos destes recursos, indicaranse fonte e autoría.

SEGURIDADE

O sistema está configurado de tal xeito que se desactiva automaticamente tras un tempo sen realizar consultas. Non obstante, pregámosvos que, cando finalicedes as vosas consultas, pechedes a sesión remota. O acceso vía autenticación aos recursos bibliográficos electrónicos non permite pasarelas a outro tipo de información distinta da contratada pola biblioteca.

CONTACTO

  • Se tés algún problema coa configuración de acceso, contacta co Centro de Atención a Usuarios (CAU) cau.sic@udc.es, tel. 981 167 000, extensión 2222.
  • Se o problema está relacionado co acceso aos contidos dos proveedores, diríxete á Sección de Xestión das Coleccións: adquisicións.bib@udc.es, tel. 981 167 000, extensións 5669, 5689, 5670.
  • Se tés algunha dúbida, problema, queixa ou suxestión, pódeste dirixir a informacion.bib@udc.es.