Área de descanso

É unha zona da biblioteca cuxo uso principal se concibe como área de descanso pero que ademais poderá utilizarse para realizar traballos fotográficos e/ou audiovisuais.

Para utilizar o espazo é necesario realizar unha RESERVA. Consulta a normativa de uso e as intruccións para reservar.

 

Usuarios

Como área de descanso poderá utilizala calquera usuario/a da biblioteca.
Como área para realizar traballos fotográficos e/ou audiovisuais poderá utilizala, previa autorización da biblioteca, o alumnado, persoal docente e investigador e o PTGAS vinculado á Facultade de Sociología e á Facultade de Ciencias da Comunicación.

 

Equipamento

6 butacas
2 lámpadas
1 mesa electrificada
4 atrís