Club de lectura

No mes de marzo de 2023 comezamos este novo proxecto co obxectivo de que este club de lectura sexa un dos lugares de encontro para a comunidad universitaria no que poder compartir o pracer pola lectura en forma de conversa.

Como vedes, non tiñamos grandes obxectivos nin pretensións pero si moita ilusión por iniciar unha actividade na que intentamos socializar un acto privado como é a lectura.

Así que desde entón reunímonos cada curso unha vez ao mes de outubro a xuño.

Para participar en cada sesión deste club só tedes que cubrir este Formulario

 

Reunión Decembro 2025

Día: mércores 17
Hora: 17.00h
Lugar: Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Lectura:  'Emma' de Jane Austen