Identidade dixital

Asinar os traballos de xeito diferente crea unha chea de combinacións que levan a confusións entre autores e a dispersión de traballos de cada autor. Todo isto resta visibilidade da produción científica, pérdese impacto e é máis difícil contabilizar as citas recibidas dun traballo. Tamén fai que  a propia institución na que desenvolve o seu traballo un investigador baixe postos nos rankings.
Polo tanto, é conveniente asinar sempre do mesmo xeito, seguir as normas da UDC e ter un identificador de ORCID.  Para ter unha maior visibilidade é aconsellable ter un perfil de investigador en Google Académico,.

Na Biblioteca temos experiencia no manexo de ORCID, Google Académico, Scopus Author, Dialnet e outros identificadores. Podemos axudarche no proceso de normalizar o teu nome de autor e actualizar os teus perfís.

 Normas UDC (Instrucion de filiacion)

Elementos básicos:

  • Todos os autores da UDC deben citar á  Universidade da Coruña. 
  • Universidade da Coruña debe escribirse desta forma completa, en galego, sen siglas nin abreviaturas. Se fose necesario poñer o nome en inglés, a forma utilizada será "University of A Coruna".
  • Universidade da Coruña deberá rexistrarse como o primeiro elemento ao introducir a filiación.
  • O Grupo de Investigación, Departamento, Instituto ou Facultade/Escola poden aparecer como elementos secundarios da filiación, mais nunca a expensas de omitir Universidade da Coruña. Estas filiacións secundarias pódense escribir en galego, castelán ou inglés.
  • Filiación institucional múltiple dun mesmo autor. No caso de autores con pertenza a mais dunha institución, ou que dentro da UDC pertenzan a varias unidades que teñan dependencias diferentes, é recomendable realizar varias firmas e rexistrar por separado cada unha delas.
  • Dirección, código postal, cidade e país. Son datos relevantes e hai que poñer, polo menos, o código postal, a cidade e o país.

A Universidade da Coruña ten un número identificativo como institución de investigación en Research Organization Registry  ROR