A Universidade da Coruña (UDC) participa, xunto con outras universidades europeas, no programa Green Campus que é unha iniciativa da Foundation for Environmental Education (FEE) para achegar e potenciar os valores de Educación Ambiental no ámbito universitario. Por iso, recomendamos o uso do transporte sostible para chegar ata a nosa Facultade no Campus de Elviña.
En bici
Na cidade hai varias rutas con carril bici pero aínda non se publicaron mapas con estes percorridos, podes consultar todo o relacionado coa mobilidade e a bicicleta na UDC na páxina:
https://www.udc.es/es/sociedade/medio_ambiente/bicis/
Percorridos, préstamo de bicis UDC e guía do uso da bici como medio de transporte.
En bus
Liñas urbanas
Recomendamos descargar a aplicación “itranvías” (Android e IOS) ou consultar a páxina web dos buses urbanos.
As liñas de bus con paradas no Campus son UDC, 20, 22, 24.
Na porta da Facultade hai unha parada. Coa tarxeta Millenium hai descontos para o transporte urbán
Liñas comarca leste da Coruña
Liñas de Arteixo, Carballo, Lugo, Ourense, Ribadeo
https://arriva.gal/servicios/horarios-pdf
En tren
Hai un apeadeiro de tren no Campus xunto o pavillón de Estudantes.
https://www.trenes.com/horarios/la-coruna-elvina-universidad/
Liñas de media distancia: Ourense-Lugo-Coruña e Ferrol-Coruña.
Aeroporto da Coruña (Alvedro)
Alvedro. Culleredo. A Coruña. Tlf: 981 187 200
Distancia aeroporto - centro A Coruña: 8 km (30 min. aprox.)
Taxis: Radio Taxi: 981 243 333, Tele Taxi: 981 287 777)
Autobuses: Liña 4051 Puerta Real - Aeropuerto
Servizo que une A Coruña (Puerta Real) con el aeroporto, con paradas en Casino, Praza de Ourense
Todos os días (ida / volta):