A colección da biblioteca da ETSA foise formando ao longo dos anos grazas ás compras e ás doazóns de particulares e de institucións como o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG).
Entre as doazóns de bibliotecas particulares salientamos as dos arquitectos Pedro Mariño y Ortega, Rodolfo Ucha Piñeiro e Antonio Tenreiro Rodríguez, que aportaron á biblioteca obras francesas e alemanas publicadas nos primeiros anos do século XX. Recentemente a doazón da biblioteca-arquivo de Juan Luis Dalda Escudero suporá incorporar aos nosos fondos unha documentación moi valiosa no ámbito do urbanismo.
Na actualidade, estamos considerados a terceira biblioteca de arquitectura de España grazas aos máis de 52.000 volumes de monografías, 441 títulos de revistas e a gran cantidade de material non librario (proxectos, fotografías, DVDs…) Completan a nosa oferta os recursos electrónicos especializados en arquitectura (Avery Index, Detail Inspiration) así como outros recursos de carácter multidisciplinar que o servizo da biblioteca pon a disposición dos usuarios.
Un pequeño fondo antigo (anterior ao 1801) enriquece a nosa colección, dentro del destacamos un exemplar do século XVI:
"L'architettura di Leon Batista Alberti; tradotta in lingua fiorentina da Cosimo Bartoli.Venetia : Apresso Francesco Franceschi, 1565".
Os nosos usuarios poden desfrutar de diferentes edicións facsímiles que inclúen tratados de arquitectura, debuxos, gravados e atlas.
L'architettura de Leon Batista Alberti é a obra orixinal máis antiga da nosa colección. Data de 1565.
20th Century World Architecture, de 2012, un exemplo de libro de grandes dimensións (45x32 cm).