As normas son documentos técnicos cuxa referencia está formada por:
-Siglas que identifican ó organismo/s emisor da norma
- Notación que identifica a norma
- Número da parte: escribese precedido de guión
- Ano de publicación: escribese precedido por dous puntos
-Título da norma
Exemplo:
UNE-ISO -14004: 2004 Sistemas de gestión ambiental : directrices generales sobre principios, sistemas e técnicas de apoyo
A Biblioteca non ten na actualidade ningún recurso que ofreza a texto completo normas dos distintos organismos, son documentos que adoitan estar nas bases de datos independentes, ofrecidas polas entidades responsables da súa elaboración.
Cada base de datos ten as suás propias opcions de busca, pero habitualmente contemplan as seguintes:
- Busca por número de identificación, mellor realizala sen engadir o ano da publicación.
- Busca por palabra clave do título.
- Busca por sistemas de clasificación, como o ICS, que permite a busca por materias.
Sobre unha materia
Para facer unha búsqueda completa debense utilizar estas dúas bases de datos:
Para normas internacionales ISO (International Standarization for Organization)
Para normas europeas CEN (European Comittee for Standarization)
Para as normas españolas AENORmas, base de datos suscrita pola Biblioteca, que conten a texto completo toda a normativa en vigor elaborada por AENOR.
Sobre unha norma concreta
- Normas UNE, UNE-EN, UNE-EN-ISO en AENORmas. Axuda para a busca.
- Normas IEEE en IEEE Xplore. Inclué o texto completo de todalas normas IEEE, elaboradas polo Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE).Ademáis ofrece o texto completo das publicacions periódicas e actas de congresos do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) e da Institution of Engineering and Technology (IET). Axuda para a busca.
Se non localizas a norma nestas bases de datos, non olvides comprobar se ten equivalencia con algunha norma suscrita. Moitas ISO, EN, IEC son equivalentes a normas UNE. Por iso se buscas normas ISO, EN, IEC... consulta o buscador de AENOR que dispon dun campo para equivalencias.
Se localizas unha norma UNE equivalente podes obtela a texto completo en AENORmas.
A nosa colección de normas completase con documentos adquiridos en papel o en formato electrónico e que se atopan nas distintas Bibliotecas, para localizalas consultar o catálogo da BUDC
Os reglamentos e directivas son documentos lexislativos . Para localizalos utilizamos principalmente a Base de datos Westlaw- Aranzadi que conten lexislación europea e toda a lexislación nacional e autonómica a texto completo.
Ademáis no catálogo da BUDC atoparemos documentos lexislativos en distintos soportes. Importante comprobar que estean actualizados.
Consulta a través Aenormás todas as normas UNE a texto completo.
A Biblioteca está subscrita á base de datos IEEE Xplore do Institute of Electrical and Electronics Enginners (EEUU). Nela atoparedes normas, actas de congresos e artículos de revista da Asociación profesional máis importante do mundo na área de electricidade, electrónica, etc.
A ICS é o sistema de clasificación máis utilizado na procura de normas e especificacións técnicas. O seu uso pode facilitarvos a busca das normas que necesitedes. Versión española (5ª ed, 2001). Versión inglesa (7ª ed. 2015).
Westlaw-Aranzadi, base de datos subscrita pola Biblioteca, é o recurso máis importante arredor de todo tipo de reglamentos, directivas e outros documentos lexislativos.