O Proxecto Fin de Carreira (PFC) ou o TFG é o traballo máis importante que levaredes a cabo na Escola e nel teredes que volcar todo o coñecemento adquirido. Dende a Biblioteca, sendo conscientes disto, tratamos de apoiarvos o máis posible.
Na Biblioteca gardamos un bo número de PFCs de convocatorias anteriores. En concreto, e segundo a normativa, o alumno ten a obriga de subir unha copia do PFC en CD ou DVD cando o traballo obtivese unha calificación de sobresainte. Estes traballos non se poden levar en préstamo, pero si consultar nas instalacións da Biblioteca.
O Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) é unha biblioteca dixital creada e xestionada pola Biblioteca da UDC a partires do software de código aberto DSpace, co obxecto de poñer a disposición do público en xeral a produción científica e académica da nosa universidade.
Neste senso, e dentro da comunidade "Traballos académicos" temos as seguintes "coleccións" relacionadas con titulacións da nosa Escola (consulta realizada o 18 de maio de 2018):
Fixemos un pequeno documento onde podedes consultar os PFCs (e PFMs) a texto completo dispoñibles noutras Escolas de Arquitectura. En total, máis de 2.000 traballos están accesibles para que podades coller ideas, familiarizarvos coa estrutura, etc.
Traballos Fin de Carreira e de Mestrado Noutras Universidades