Suxestións de adquisicións
Os membros da comunidade universitaria da UDC e os usuarios externos poden solicitar a adquisición de obras que estean relacionadas coa temática da nosa biblioteca. Estas suxestións poden ser de:
- Títulos que non se encontran na nosa colección.
- Edicións novas de obras xa dispoñibles.
- Exemplares adicionais de títulos moi demandados.
Procedemento:
- Comproba no catálogo se a obra xa está dispoñible na biblioteca.
- Se es membro da comunidade universitaria, enche este formulario de solicitude de adquisicións. Cantos máis datos aportes, máis probabilidades haberá de localizar a obra. Non esquezas seleccionar a nosa biblioteca. Se es usuario externo, envíanos unha solicitude por correo electrónico a biblioteca.euatac@udc.gal
- A solicitude revisarase para avaliar a súa pertinencia (temática, prezo, dispoñibilidade orzamentaria, condicións de acceso, etc.). Poñerémonos en contacto contigo para comunicarche calquera incidencia.
- Exemplo de solicitude de adquisición en trámite.
- Avisarémosche por correo electrónico de que:
- Xa está á túa disposición a obra que solicitastes; ou
- O pedido cancelouse porque a obra está esgotada.