Comparte os datos

Atopa un repositorio de datos

 

As axencias e organismos financiadores requiren depositar os datos en acceso aberto a través de repositorios de datos temáticos ou repositorios institucionais. Á hora de seleccionar o repositorio para o depósito debemos ter en conta:

  • se a axencia financiadora obriga a depositar nun repositorio concreto;
  • a área temática;
  • a capacidade de almacenamento;
  • a facilidade para a recuperación de datos;
  • a asignación dun identificador único e persistente para cada conxunto de datos (DOI ou Handle);
  • a posibilidade de establecer un período de embargo para os datos;
  • o tipo de licenza asignada ao conxunto de datos;
  • a preservación dos datos a longo prazo.

Os datos pódense depositar en diferentes tipos de repositorios:

  • Repositorios multidisciplinaresZenodoDryadDataverseFigshareEudatMendeley Data;
  • Repositorios temáticos: dos repositorios temáticos destacamos IEEE Dataport, unha plataforma de datos valiosa e de fácil acceso, especializada en materias relacionadas coa área da computación, que permite aos  usuarios almacenar, buscar, acceder e xestionar datos. A plataforma de datos está deseñada para aceptar todos os formatos e tamaños dos conxuntos de datos (hata 2TB), e proporciona tanto capacidades de descarga como acceso a conxuntos de datos na nube. Outros repositorios temáticos: arXiv para Física e Matemáticas, GEO para Xenética;
  • Repositorios de código: Figshare, Github, GitLab;
  • ODiSEA: International Registry on Research Data, é un inventario internacional dos depósitos e revistas que admiten datos de investigación a escala mundial. Recolle prioritariamente as revistas que aceptan material suplementario (título e URL como mínimo). É un proxecto conxunto de investigadores pertencentes a seis universidades españolas, vinculado a OpenDataScience-Datasea;
  • Moitas revistas requiren que os artigos publicados vaian acompañados dos datos de investigación. As políticas das revistas poden ser consultadas en Journal open-data policies.

Os investigadores da UDC poden depositar os datos de investigación no repositorio multidisciplinar Zenodo (creado polo CERN e a iniciativa OpenAire da Comisión Europea), na comunidade propia creada para tal fin. Tamén é de interese depositar complementariamente os datos nun repositorio temático.

Directrices para seleccionar un repositorio de datos:

Atopa o repositorio máis axeitado á túa investigación en directorios como:

Unha adecuada xestión dos datos de investigación permitirá ademais a publicación dos conxuntos de datos en Data Journals - revistas académicas que publican datasets ou data papers.

Listados de Data Journals:

Usas datos dun repositorio? Cita os datos!
(c) CC-BY REBIUN

Os datos deben citarse correctamente, seguindo un formato de citas específico e deben aparecer co resto de referencias bibliográficas da publicación resultante. DOI Citation Formatter  é un servicio ofrecido por DataCite que constrúe automaticamente as citas conforme ao estilo que seleccionemos a partir do DOI asignado aos datos.

Cita os datos para dar crédito ao produtor de datos, permitir a outros utilizar os datos, facer un seguimento ao impacto xerado  e favorecer a transparencia da investigación científica.

Na Infoguía Citas e referencias bibliográficas atoparás indicacións para citar en diferentes estilos bibliográficos.

Outras guías:

How to Cite Datasets and Link to Publications (DCC)

(c) www.freepik.com/icon/data-sharing_2244238>Icon by Eucalyp

Imaxe: Eucalyp - https://www.freepik.com/icon/data-sharing_2244238