Que é o RUC?
Por qué depositar?
Avísanos das túas últimas publicacións
Artigo OA ou por suscripción?
Pódese subir todo? Licencias e permisos.
O RUC (Repositorio Universitario da UDC) é a biblioteca dixital propia da universidade onde se preservan e difunden a texto completo documentos que reflexan a súa actividade institucional, docente e investigadora. O RUC está adherido ao movemento da ciencia aberta. Por tanto, os documentos que se suben ao RUC atópanse en aberto, salvo moi señaladas excepcións. O seu uso é voluntario polos distintos servizos e membros da UDC. A súa xestión e mantemento dependen fundamentalmente do Servizo de Bibliotecas.
A publicación en aberto dos vosos traballos no repositorio mellora a visibilidade destes (xa que os documentos do RUC están moi ben ranqueados no buscador Google), así como garante a súa preservación a longo prazo (que non vai depender de entidades privadas).
Moitos estudos correlacionan positivamente o incremento das citas recibidas coa publicación en aberto dos traballos de investigación, ben subindo (terminoloxía utilizada por Open Policy Finder e internacionalmente aceptada):
Hai que lembrar que, dende o ano 2023, a ANECA esixe que as aportacións que se presenten para a súa avaliación (acreditacións, sexenios) - independentemente de que se publicasen en acceso aberto ou pechadas nunha revista baixo suscripción - deben depositarse previamente ao menos nun repositorio institucional ou temático. A ANECA acepta como depósito válido para este fin tanto a versión publicada como a versión aceptada. Co preprint (versión previa á revisión por pares) a axencia non entende cumprido o seu requisito.
Aínda que dende a biblioteca da FIC temos alertas en distintos buscadores (WoS e Scopus), non sempre coñecemos as vosas últimas publicacións. Se queredes que se suban ao RUC o antes posible, avisádenos por:
Lembrade que canto antes se suban ao RUC, mellores estatísticas de visualizacións e descargas dentro da plataforma teredes, información que pode engadirse na solicitude de sexenios e acreditacións para xustificar o impacto científico da publicación.
Se é un artigo en acceso aberto (OA) só imos necesitar que nos enviedes o título ou o DOI do traballo, xa que nese caso podemos subir a versión publicada. En troques, se se publicou en pechado (o editor é o titular do copyright do traballo), aquí imos necesitar a versión aceptada (versión final posterior á revisión por pares, pero sen a maquetación última do editor).
Non. Só podemos subir ao RUC aqueles traballos nos que os autores (vós) reteñades a titularidade do copyright. Esto é o que sucede no caso dos artigos en acceso aberto (OA). Ademáis, estes traballos publícanse cunha licencia de uso a terceiros, normalmente unha licencia Creative Commons. Estas licencias permiten a terceiros (neste caso nós) subir os artigos a outras plataformas (como o RUC).
No caso dos artigos publicados en pechado (revistas de suscripción) normalmente poderemos subir as versións aceptadas. As grandes editoriais (Elsevier, Wiley, SAGE, Springer...), gracias á presión de gobernos, axencias de financiamento e do mundo académico en xeral, teñen todas elas unhas políticas de autoarquivo suficientemente xenerosas para poder subir aos repositorios institucionais estas versións aceptadas. As veces, eso si, requiren un período de embargo (entre 12 e 24 meses) no que a publicación pode estar depositada no RUC, pero non está dispoñible en aberto.
Noutros casos (editoriais pequenas, congresos) non sempre é doado saber se podemos ou non subir unha versión do traballo ao RUC, ben por ausencia dunha política de autoarquivo por parte do editor, ou porque non queda claro quen é o titular dos dereitos (pasa moito no caso dos congresos).
Por iso recomendamos, sobre todo no caso dos congresos, coñecer previamente a política de dereitos do organizador, e revisar ben a cesión de dereitos que asinades da obra. O ideal é - sempre que se poida - realizar unha cesión non en exclusiva do copyright, xa que así manteredes a titularidade deste e, por tanto, seguiredes a ter o control sobre os seus futuros usos.