O Campus Sustentabilidade organiza o seminario da área de Economía Circular e Sustentable o próximo día 25 de novembro de 9:30 a 14:00 no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña.
A xornada, organizada en colaboración co Campus Industrial de Ferrol e a Cátedra Hijos de Rivera de Desenvolvemento Sustentable, versará sobre modelos innovadores de aproveitamento de recursos.
Algúns grupos da UDC presentarán proxectos e investigacións centrados na valorización e aproveitamento de recursos. Seguirá unha sesión de preguntas, en forma de debate aberto cos investigadores/as e asistentes. Na segunda sesión algunhas entidades que están a traballar con innovadores modelos de economía circular, presentarán futuros retos e necesidades de colaboración no eido da investigación.
A xornada pecharase cunha dinámica de speed dating, encontros breves bilaterais co obxectivo de establecer sinerxías e futuras liñas de colaboración entre os grupos de investigación e coas entidades convidadas.
O evento é aberto pero é necesario realizar inscrición previa a través do seguinte formulario.
O seminario centrarase na rexeneración sustentable do territorio a través da intervención en espazos, infraestruturas e paisaxe baseados en criterios sociais, ambientais e produtivos.
Durante a apertura da xornada Encarnación Rivas Díaz, Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, compartirá cos asistentes as prioridades e estratexias do goberno autonómico neste eido. Así mesmo, Juan Manuel Díaz Villoslada, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña presentará as actuacións estratéxicas da cidade.
A continuación, o encontro estrutúrase en tres sesións: presentacións dos grupos de investigación da área de especialización Cidade e Territorio do Campus Sustentabilidade, sesión de preguntas, en forma de debate aberto cos investigadores/as e asistentes, e dinámica de speed dating, encontros breves bilaterais co obxectivo de establecer sinerxías e futuras liñas de colaboración entre os grupos de investigación e as entidades externas convidadas.
O aforo é libre pero agradécese confirmación previa a través do seguinte formulario.
O seminario versará sobre as estratexias participativas e modelos educativos para a sustentabilidade, analizando as distintas abordaxes para mobilizar a acción ambiental para a mitigación do cambio climático e a transición a sociedades máis sustentables con ferramentas que inclúen: modelos educativos, estratexias para cambios de estilos de vida, intervencións comunitarias e tecnoloxías para investigar o comportamento.
Os diferentes grupos de investigación da área de sociedade e educación ambiental do Campus Sustentabilidade darán a coñecer proxectos e investigacións específicas centradas na promoción da transición cara á sustentabilidade. Tras as presentacións, levarase a cabo unha mesa redonda, en forma de debate aberto cos investigadores/as e asistentes. A xornada pecharase cunha dinámica de speed dating, encontros breves, co obxectivo de establecer de sinerxías e futuras liñas de colaboración entre os grupos de investigación e coas entidades externas invitadas.
O aforo é libre pero agradécese confirmación previa enviando un correo electrónico é dirección oficina.sustentabilidade@udc.gal
Todos os públicos.
Obradoiro sobre os mercados de compensación da pegada de carbono no marco do programa Troco2.
Este programa ten como obxectivo principal aumentar a eficiencia dos montes do espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal na mitigación do cambio climático, utilizando o impulso da economía baixa en carbono no sector transporte. O programa está enmarcado no Programa de Cooperación INTERREG V A España – Portugal ( POCTEP) 2014-2020 e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
O programa formativo incluirá os seguintes módulos:
A actividade é gratuíta pero é imprescindible solicitar inscrición enviando un correo electrónico a troco2@ampplio.com indicando nome, apelidos e datos de contacto.
Presentación da primeira convocatoria do programa Business Factory Food, a aceleradora vertical para o sector agroalimentario coordinada polo Clúster de Alimentación de Galicia (CLUSAGA).
Durante a xornada, organizada pola Universidade da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, amosarase a importancia da capacidade desta aceleradora vertical para mellorar a madurez dos proxectos de innovación (Innovation Readiness), a súa taxa de éxito, así como o rendemento final dos produtos ou servizos finais que se van poñer a disposición dos usuarios, consumidores ou outros axentes industriais.
No encontro participarán representantes de:
Para asistir á xornada é necesario inscribirse.
Máis de 60 expertos en Economía da Enerxía e Cambio Climático debaterán e avanzarán propostas sobre as implicacións que ten e vai ter unha transición enerxética xusta cara a unha economía española e galega baixa en emisións.
A Universidade da Coruña toma a testemuña así doutras cidades españolas como Zaragoza, Navarra, Madrid, Vigo ou Salamanca, que acolleron edicións anteriores.
O obxectivo principal do congreso da AEEE é o de acentuar os lazos entre a universidade, os reguladores e as empresas con intereses en áreas tales como a Economía da Enerxía, o Medio Ambiente e o Cambio Climático.
Baixo o título "Transición enerxética, industria e emprego " téntase recoller a problemática para resolver, no medio prazo, relativa á creación de emprego de calidade, a procura de oportunidades e solucións desde a industria, dentro do contexto dunha transición enerxética xusta cara a unha economía descarbonizada. Trátase, por tanto, de reflexionar sobre que alternativas pódense ofrecer no ámbito do negocio eléctrico e enerxético para alcanzar un futuro ambiental e socioeconómico sustentable. Todo iso dentro do marco ibérico, europeo e mundial.
Para todo iso, o congreso ofrece participacións académicas mediante a presentación de artigos de investigación e pósteres en sesións paralelas, así como tres conferencias plenarias e dúas mesas redondas con representantes empresariais, sociais, políticos, e académicos do máis alto nivel. A calidade dos artigos e/ou pósteres está asegurada, xa que son seleccionados tras un proceso de revisión por pares.
As Xornadas para a Valorización de Tecnoloxía están organizadas pola OTRI da Universidade da Coruña, en colaboración co Campus Innova e o Campus Sustentabilidade.
Enmárcanse dentro do Programa Innovate e o Programa Sustenta para a valorización dos resultados de investigación no Campus Innova e o Campus Sustentabilidade e contan coa participación de todos os grupos de investigación que presentáronse nestas convocatorias.
O obxectivo é profundizar no mellor coñecemento das tecnoloxías con potencial de transferencia.
Europa é excelente en ciencia e en investigación e toda esa produción científica, así como os seus resultados, deben ser transferidos a empresas innovadoras para crear novos mercados e impulsar o crecemento e a competitividade. Neste sentido, é fundamental aproveitar oportunidades para financiar proxectos innovadores de alto risco e potencial de saída a mercados globais.
O Consello Europeo de Innovación ( EIC) ten como obxectivo desenvolver e apoiar aquelas ideas innovadoras radicalmente diferentes dos produtos e servizos xa no mercado, con potencial para impulsar a xeración de emprego e o crecemento
O obxectivo desta xornada é achegar o enorme potencial económico e de desenvolvemento destas accións de apoio a todas aquelas persoas con ideas disruptivas e innovadoras que requiren importantes investimentos para a súa comercialización.
Ariana Nastaseanu, Project Advisor de European Innovation Council e anteriormente Project Officer de EASME ( European Agency for Small and Medium Enterprises), ofrecerá unha visión dos instrumentos de financiamento do EIC e das principais convocatorias do Programa H2020 que impulsan a innovación e o crecemento. Ademais, protagonizará unha sesión de preguntas e respostas enfocadas a asesoramento de ideas susceptibles de financiamento.
O Campus Sustentabilidade celebra o primeiro seminario dos grupos de investigación da área Vida Saludable “Estilos de vida activa e saudable: contextos que promovan o benestar” que terá lugar o día 9 de novembro no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).
Inscripcións: oficina.sustentabilidade@udc.gal
O evento “Ciencia aberta para cidades sustentables” inclúese no mapa da plataforma europea ECOLISE ( European Network for Community- led initiatives on climate change and sustainability) sumándose ás numerosas iniciativas que levaránse a cabo en Europa durante o mes de setembro para celebrar o Día Europeo das Comunidades Sustentables.
O Campus Sustentabilidade involucrará a estudantes, administracións, organizacións da sociedade civil e a toda a comunidade universitaria para que reflexionen acerca da transición cara á sustentabilidade na contorna urbana. A comunidade está convidada a participar neste diálogo aberto que se centrará no coñecemento e os aspectos de implementación práctica da innovación social nas cidades, a adopción de estilos de vida sustentables e saudables e os sistemas e servizos sustentables.
Dunha forma dinámica e participativa indagarase na relevancia de cada temática en distintas áreas e na súa influencia na transición cara á sustentabilidade na contorna urbana.