Cátedra Denodo-UDC de Enxeñaría de Datos, IA e Innovación Tecnolóxica

Esta iniciativa busca promover a excelencia na formación dos futuros profesionais da Enxeñaría Informática, fomentar a innovación e a investigación aplicada e facilitar a transferencia de coñecemento á sociedade e á industria. 

Ademais, a Cátedra pon especial énfase no recoñecemento do talento estudantil mediante a creación dos “Premios Paula Montoto Castelao aos mellores Traballos de Fin de Grao/Mestrado aplicado á empresa” especialmente dirixido a aqueles traballos que están enfocados nos ámbitos da Enxeñaría de Datos e da Intelixencia Artificial. Ademais, tamén se ofertarán bolsas profesionais que promoven a contratación laboral dos estudantes máis destacados. 

Ano de creación: 2026

Entidade: Denodo SL

Director: José Losada Pérez