O obxectivo da cátedra é o desenvolvemento de proxectos universitarios no referente a mobilidade, docencia, formación permanente, investigación, innovación, transferencia, extensión universitaria, divulgación etc., en áreas nas que a UDC ten actividade e interese, e que tamén resultan de interese a nivel institucional en China, incluíndo o desenvolvemento de proxectos conxuntos chinés-españois en estudos de Grao, Máster ou Doutoramento.