O obxecto da Cátedra Fundación INADE de “Gestión del Riesgo y el Seguro” é a regulación da colaboración estable entre a Universidade da Coruña e a Fundación INADE co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral.
Como obxectivos estratéxicos da Cátedra destacan os seguintes:
- Fomento e divulgación dunha cultura de xestión responsable do risco na sociedade.
- Contribuír á formación de profesionais cualificados e preparados para mellorar a xestión dos riscos presentes no entorno socio económico de Galicia, mediante a súa identificación, clasificación, descrición, avaliación, tratamento e, no seu caso, transmisión a terceiros a través do mecanismo do seguro.
- Fomentar a transferencia de coñecementos en materia de xestión de riscos e seguros desde a universidade cara a sociedade.
Ano de creación: 2015
Entidade colaboradora: Fundación INADE
Director/a: Fernando Peña López
Páxina web: https://catedrafundacioninade.org/