Desde a súa creación en 2017, continuando o labor comezado pola comisión de ética e ensaios clínicos e, posteriormente o comité de ética da Universidade da Coruña, o CEID UDC[1] experimentou un proceso continuo de fortalecemento institucional, impulsado pola necesidade de responder de maneira eficaz aos cambios lexislativos, aos novos retos derivados do avance científico e ás demandas crecentes da comunidade universitaria. Esta evolución permitiu optimizar os seus procedementos de avaliación, mellorar a coordinación con outros órganos universitarios e consolidar unha estrutura de traballo baseada na transparencia, a imparcialidade e o rigor técnico.
O desenvolvemento do comité ao longo destes anos reflicte o compromiso sostido da UDC coa promoción dunha cultura académica responsable e respectuosa cos valores e principios éticos e as normas legais aplicables. Do mesmo xeito, a súa actividade continuada contribuíu a reforzar a confianza da comunidade universitaria e a sociedade na calidade da investigación e a docencia na UDC.
A presente memoria institucional recolle os avances acadados, os feitos clave e os resultados nas diferentes etapas, así como a evolución e consolidación do CEID UDC no ámbito da ética da investigación e da docencia nos ámbitos autonómico e estatal. O seu labor, apoiado na actualización permanente e no traballo colexiado, enmárcase no compromiso da Universidade coa calidade, a integridade e a responsabilidade social.
[1] O comité de ética, ás veces denominado comité de ética da investigación, constituíuse o 20 de outubro de 2006. Non se dispón actualmente de información precisa sobre a data de finalización da súa actividade. Consultados os arquivos da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia, non foi posible localizar documentación que permita determinar con exactitude este dato,
Constitución e definición (2017–2021)
Nesta etapa, o CEID UDC constituíuse formalmente e iniciou a estruturación do seu funcionamento interno. Definíronse o regulamento inicial, os criterios de avaliación ética e metodolóxica, e os procedementos básicos de asesoramento e revisión de proxectos e traballos de investigación.
Durante este período levouse a cabo a creación do Comité e a aprobación do seu regulamento, así como a primeira conformación dos membros e cargos directivos. Establecéronse procesos de deliberación colexiada e iniciouse a emisión de informes éticos, incluíndo a avaliación ética de proxectos de investigación e a elaboración das primeiras guías internas para TFG e TFM. Así mesmo, consolidouse a función consultiva, impulsáronse accións de sensibilización sobre ética e integridade académica na UDC, como a Declaración sobre a pseudociencia, e participouse na redacción do Código ético da investigación.
Estas actuacións contribuíron a unha mellora da calidade e o rigor das solicitudes de investigación (TFG, TFM e proxectos), un incremento e mellora da orientación e asesoría ética ao persoal investigador e ao estudantado, a homoxeneización dos procedementos de avaliación da investigación e unha maior concienciación da comunidade universitaria sobre as prácticas éticas e a integridade académica.
Consolidación e formalización (2021–2023)
Nesta etapa, produciuse unha renovación parcial dos membros e cargos do Comité, aliñándoo co Decreto 63/2013 e iniciando os preparativos para a súa acreditación oficial perante a Consellería de Sanidade. Durante este período, actualizouse o regulamento do CEID UDC, ampliando a súa estrutura interna, e desenvolvéronse procedementos estandarizados para a avaliación ética. Ademais, afianzouse a función consultiva mediante a coordinación de revisións, emisión de informes e atención de consultas por parte dos membros do CEID.
A consecuencia destas accións foi un crecemento sostido nas solicitudes de avaliación de proxectos de investigación e traballos académicos, que se duplicaron en 2022 respecto a 2021. Ademais, houbo un incremento na orientación ética proporcionada ao persoal investigador e ao estudantado, o que mellorou a calidade do asesoramento e tamén a conciencia sobre a ética académica e científica.
Acreditación e expansión de competencias (2023–2025)
No mes de novembro de 2023, o CEID UDC obtivo a acreditación oficial da Consellería de Sanidade, o que lle permitiu ampliar as súas competencias para avaliar proxectos de investigación invasivos en seres humanos dentro da UDC.
Este recoñecemento oficial, conforme á Lei 14/2007 de Investigación Biomédica, marcou un fito importante na súa consolidación. Durante esta etapa, tamén se implementou un formulario de solicitude en liña, facilitando o proceso de avaliación, e elaboráronse e actualizaron guías, modelos normalizados e documentos de consentimento informado para orientar ás persoas investigadoras.
A ampliación das competencias deu lugar á coordinación de comisións de avaliación, a revisión de protocolos e a atención de consultas internas e externas, difundindo criterios éticos á comunidade universitaria. Como resultado, diminuíron as solicitudes non avaliables e aumentaron os informes favorables na primeira avaliación. En 2024, tras a acreditación, experimentouse un incremento nas solicitudes avaliadas, e melloraron a calidade das solicitudes e a eficiencia na emisión de informes.
Mantívose unha composición interdisciplinaria que inclúe estudantes, profesorado de todas as ramas do coñecemento e persoal técnico e de xestión da UDC xunto con membros independentes, garantindo a paridade de xénero e a pluralidade científica. As persoas integrantes do CEID UDC ao longo da súa historia e ata a actualidade foron[1]:
Prof. Dr. Francisco Alonso Tajes. Ciencias da Saúde. Podoloxía
Vicepresidente (2024-2025)
Vogal CEID UDC (2017-2024)
Prof. Dr. Óscar Miguel Álvarez-Calderón Iglesias. Ciencias da Saúde. Podoloxía
Vogal CEID UDC (2025-actualidade)
Prof. Dr. Pablo Arias Rodríguez. Ciencias da Saúde. Educación Física e Deportiva.
Presidente CEID UDC (2022-2024)
Vogal CEID UDC (2017-2022)
Dna. Angélica Consuegra Vanegas. Personal externo / Médica
Vogal CEID UDC (2022-actualidade)
Dna. Mercedes Corrales Lorenzo. Personal técnico / Biblioteca
Secretaría CEID UDC (2018-2020)
Profa. Dra. Laura Cruz López. Ciencias Sociais e Xurídicas. Pedagoxía e Didáctica.
Presidenta CEID UDC (2024-2025)
Secretaria CEID UDC (2017)
Vicepresidenta (2021-2024)
Vogal CEID UDC (2017-2024)
Profa. Dra. Keina Espiñeira González. Ciencias Sociais e Xurídicas. Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Vogal CEID UDC (2025-actualidade)
Dna. Marta Fernández
Vogal CEID UDC
Prof. Dr. Alberto García. Ciencias Sociais e Xurídicas. Socioloxía
Vogal CEID UDC
Prof. Dr. Manuel Francisco Herrador Barrios. Enxeñaría da construcción. Enxeñaría da construción
Vogal CEID UDC
Profa. Dra. María Amalia Jácome Pumar. Ciencias. Estadística e investigación de operaciones
Vogal CEID UDC (2021-2024)
Prof. Dr. Daniel Jove Villares. Ciencias Sociais e Xurídicas. Dereito Constitucional
Vogal CEID UDC (2022-2025)
Profa. Dra. Carmen de Labra Pinedo. Ciencias da Saúde. Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Vogal CEID UDC (2025-actualidad)
Profa. Dra. Ana Lista Paz. Ciencias da Saúde. Fisioterapia
Vogal CEID UDC (2021-actualidad)
Prof. Dr. Antonio López. Ciencias. Matemáticas Aplicadas
Vogal CEID UDC (2017-2019)
Profa. Dra. Luisa Losada Puente. Ciencias Sociais e Xurídicas. Métodos de Investigación e diagnóstico en educación
Vicepresidenta CEID UDC (2025-actualidad)
Secretaría CEID UDC (2023-2025)
Vogal CEID UDC (2022-2023)
Profa. Dra Noelia Martínez Doallo. Ciencias Sociais e Xurídicas. Dereito Privado
Vogal CEID UDC (2025-actualidad)
Profa. Dra. Lucía Núñez Fernández. Ciencias da Saúde. Farmacología
Vogal CEID UDC (2022-actualidad)
Dna. Anastasiia Ogneva. Ciencias Sociais e Xurídicas. Psicología Evolutiva e da Educación
Vogal CEID UDC (2021-2022)
Profa. Dra. María Carolina Pereira Sáez. Ciencias Sociais e Xurídicas. Filosofía do Dereito
Vogal CEID UDC (2017-2021)
Prof. Dr. Manuel Pérez
Vogal CEID UDC
Profa. Dra. María Carolina Pereira Sáez. Ciencias Sociais e Xurídicas. Dereito Privado
Vogal CEID UDC (2017-2022)
Dna. María Pérez Sánchez. Ciencias Sociais e Xurídicas. Métodos de investigación e Diagnóstico en Educación
Secretaría CEID UDC (2025-actualidade)
Prof. Dr. Federico Pomar Barbeito. Ciencias. Fisioloxía vexetal
Vogal CEID UDC (2017-2021)
Profa. Dra. María Esther Rovira Sueiro. Ciencias Sociais e Xurídicas. Dereito Privado
Vogal CEID UDC (2021-2025)
Profa. Dra. Teresa-Rosalía Pérez Castro. Ciencias da Saúde. Enfermaría
Vogal CEID UDC (2022-2025)
Prof. Dr. Pedro Marcos Reimunde Figueira. Ciencias da Saúde. Ciruxía
Vogal CEID UDC (2023-2025)
Dña. Carmen Rodríguez
Vogal CEID UDC
Vogal CEID UDC (2022-2025)
Prof. Dr. Christoph Rudolf Scheinmoser. Ciencias Sociais e Xurídicas. Dereito Público
Secretaría CEID UDC (2025-actualidad)
Prof. Dr. Miguel Ángel Saavedra García. Ciencias da Saúde. Educación Física e Deportiva.
Vogal CEID UDC (2025-actualidad)
Dna. Araceli Sanjuán Pedreira. Personal Técnico / Biblioteca
Secretaría CEID UDC (2020-2022)
Profa. Dra. María Teresa Seoane Pillado. Ciencias da Saúde. Mediciña Preventiva e Saúde Pública
Vogal CEID UDC (2024-actualidad)
Prof. Dr. José Antonio Seoane Rodríguez. Ciencias Sociais e Xurídicas. Dereito Privado.
Presidente CEID UDC (2017-2021)
Vogal CEID UDC (2024-actualidad)
Prof. Dr. Miguel Ángel Talavera Valverde. Ciencias da Saúde. Terapia Ocupacional
Presidente CEID UDC (2025-actualidad)
Secretaría CEID UDC (2023-2025)
Vogal CEID UDC (2022-2023)
[1] Nalgúns casos non foi posible precisar a adscrición, cargo ou período exacto de participación dalgúns membros do comité. A pesar de terse consultado os arquivos da Vicerreitoría competente, non se localizou documentación que permita completar con exactitude estes datos, polo que se manteñen unicamente aqueles extremos que puideron ser verificados documentalmente.