Johanne Harrison

Orixinaria de Liverpool (Inglaterra) e profesora no Centro de Linguas dende 2011.

Despois de pasar moitos anos como auditora en departamentos do goberno central no Reino Unido, cambiei de dirección e estudei e despois ensinei linguas modernas na Universidade de Liverpool.

Cheguei a Galicia no ano 2007 e dende entón traballo como docente na UDC e como profesora permanente no Centro de Linguas de Ferrol.