O grupo de investigación CTC conta cunha numerosa e diversa produción científica, destacando as publicacións en revistas con índice de calidade relativo e as contribucións a congresos. Á publicación de capítulos de libro e libros de carácter investigador, súmanse tamén os orientados á docencia.
Pódense consultar as publicacións de CTC a través de dúas fontes complementarias, ambas as dúas xestionadas pola Universidade da Coruña: por unha banda, o Portal de Investigación, e, por outra, o Catálogo de Investigación.