Quen somos. Estrutura do grupo

No eido da actividade científica, son catro os laboratorios coordinados por distintos membros do grupo. Cada laboratorio está centrado nunha disciplina concreta que, ao mesmo tempo, está estreitamente relacionada coas demais a través do fío condutor da Intelixencia Artificial, IoT e Industria 4.0.

CTC Grupo

Noutro nivel organizativo agrúpanse as actividades transversais de mellora continua que buscan incrementar o impacto, aumentar as capacidades dos membros, así coma xestionar proxectos, además de establecer e fortalecer colaboracións, tanto nacionais coma internacionais:

  • Coordinación de actividades formativas pre e post doutorais.
  • Xestión de proxectos.
  • Coordinación de colaboracións, internacionalización e divulgación.

Finalmente, comtémplase unha parte da estrutura dedicada ao soporte técnico para os laboratorios e outra para o apoio á xestión da investigación.