Investigadores responsables: Héctor Quintián Pardo ; Esteban Jove Pérez
O Laboratorio de Sistemas Intelixentes Aplicados supón un piar fundamental para o desenvolvemento do grupo de investigación. Nel aplícanse técnicas avanzadas de intelixencia artificial e análise de datos a una ampla gama de ámbitos, entre os que se inclúen a industria, a mediciña e a ciberseguridade. O noso enfoque céntrase no modelado híbrido de sistemas complexos, unha metodoloxía que combina técnicas non supervisadas de agrupamento e algoritmos intelixentes para entender e predecir comportamentos dinámicos en situacións reais. Este enfoque non só mellora a precisión dos modelos clásicos, senón que tamén facilita a toma de decisións estratéxicas baseadas en datos en tempo real.
Destacamos especialmente nesta liña de actuación a implementación de sensores virtuais no desenvolvemento de algoritmos robustos para a detección de anomalías, algo crucial en áreas onde la precisión e a resposta rápida son esenciais.