Laboratorio de Smart Building e Sostibilidade

Investigadores responsables: Elena Arce Fariña ; José Luis Casteleiro Roca

O Laboratorio de Smart Building e Sostibilidade do grupo CTC adícase á investigación e desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a construción intelixente e sostible. Os seus eidos de traballo inclúen a automatización de edificios, eficiencia enerxética, análise de novos materiais para construción, modelado BIM, realidade aumentada e impresión 3D, simulacións térmicas, así coma a integración de tecnoloxías avanzadas para mellorar o confort e reducir o impacto ambiental.

Cun enfoque multidisciplinar, o laboratorio promove a colaboración con diversas entidades e participa en proxectos nacionais e internacionais para a transferencia de coñecemento e tecnoloxía.