Guía de boas prácticas en Aprendizaxe e Servizo na Universidade da Coruña

Portada-galego

No marco da I Xornada de Aprendizaxe Servizo na UDC, foi presentada unha nova publicación editada polo CUFIE e pola OCV titulada "Guía de boas prácticas de Aprendizaxe Servizo na Universidade da Coruña". Trátase dun monográfico publicado como número 3 da colección dixital Contextos Universitarios Transformadores (CUT) que recompila unha grande parte dos proxectos de ApS que se foron desenvolvendo nesta universidade ao longo destes anos.

A guía pretende servir de inspiración e motivación a todo o profesorado para incorporar ás súas materias este modelo de ensino-aprendizaxe que permite adquirir coñecementos ao tempo que se presta un servizo útil á comunidade. Cada un dos proxectos está explicado dun xeito moi sinxelo e visual e acompañado de información adicional para quen precise máis detalles sobre o seu desenvolvemento.

A guía está aloxada no RUC da Universidade da Coruña en versión galego e castelán. Pódese descargar libre e gratuitamente nas seguintes ligazóns:

Conferencia plenaria: Criterios de calidad en proyectos de Aprendizaje Servicio. Dra. Pilar Aramburuzabala

conferencia-Jornada-Aps

Deixamos aquí á vosa disposición para visualización e descarga tanto a video-grabación da charla como os materiais empregados nela que moi amablemente nos cedeu a profesora Pilar Aramburuzabala:

Obradoiros

foto-ana-ares-APS

Velaquí as presentacións dos 3 obradoiros impartidos na Xornada: