A Universidade da Coruña, a través do Centro Universitario de Formación e Innovación (CUFIE), pon a disposición de toda a comunidade educativa e de calquera persoa interesada a plataforma de formación en aberto UDCAberta.
A plataforma contén cursos de formación de interese xeral, creados por docentes da UDC e producidos pola Unidade de Teleformación do CUFIE. Os cursos poden estar en galego, en castelán ou en inglés. Calquera persoa interesada pode inscribirse gratuitamente nos cursos por dúas vías:
Unha vez superados os requisitos establecidos en cada curso, a persoa obterá un diploma acreditativo que a plataforma libera automaticamente.
O alumnado de grao da UDC pode optar ao recoñecemento de créditos pola formación cursada en UDCAberta . Pódese recoñecer 1 crédito por cada 30 horas de formación nestes cursos, ata un máximo de 4,5 créditos. Toda a información relativa pode consultarse no Acordo do Consello de Goberno, do 22 de xullo de 2025 (Anexo I, apartado P., Páx. 32).
Código |
Curso |
Data inicio |
Data fin |
URL |
Inscricións |
Superación |
Taxa de finalización |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 25/UDCMOOC/27 | Mentoría en la Universidad. Formación de las figuras implicadas (25-26.1Ed.) | 01/10/2025 | 31/10/2025 | Mentoría en la Universidad: Formación de las Figuras Implicadas (MUFFIM). Presentación | 106 | 77 | 72,64% |
| 25/UDCMOOC/29 | Python aplicado al cálculo científico(2ª Ed.) | 01/10/2025 | 31/10/2025 | Python aplicado al cálculo científico(2ª Ed.) | 114 | 62 | 54,38% |
| 25/UDCMOOC/28 | Operaciones financieras para Dummies (2ª E.) | 01/10/2025 | 31/10/2025 | Operaciones financieras para Dummies (2ª E.) | 94 | 71 | 75,53% |