FAQs

MOOC son as siglas en inglés de Massive Open Online Course, é dicir, son cursos en liña, abertos e masivos. En liñas xerais, son cursos que se ofertan a través de internet nos que calquera persoa, teña o nivel de coñecementos que teña, se pode inscribir gratuitamente e seguir os seus contidos. Son masivos porque non teñen límite de participantes e os seus contidos son abertos porque están dispoñibles en internet para calquera persoa do mundo, sen máis requisitos de matriculación que a creación dunha conta na plataforma na que se aloxen.

O xerme dos cursos MOOC comeza a xestarse a finais dos 90, cando o MIT lanza o seu proxecto OpenCourseWare mediante o cal, moitas institucións educativas puxeron a disposición do público en xeral os seus contidos a través de internet.

Pouco a pouco, cara os anos 2000 vai cobrando forza, impulsado polo fenómeno da Web 2.0, o Open Social Learning como resposta ás crecentes necesidades dos usuarios de formarse ao longo da vida. Necesidades que, en moitos casos, non estaban cubertas polas institucións oficiais de educación. 

O primeiro MOOC  “Conectivism and Conective Knowlegde” creárono en 2008 os profesores George Siemens e Stephen Downes e tivo 2.300 matriculados. No ano 2011, Sebastian Trun, da universidade de Stanford, creou a plataforma Udacity e o seu primeiro curso MOOC, sobre intelixencia artificial, tivo 160.000 matriculados.  

O ano 2012 foi nomeado “ano dos MOOC” polo vertixinoso crecemento deste tipo de formación á que se sumaron as universidades máis prestixiosas do mundo. É a partires dese ano cando comezan a operar as principais plataformas que aloxan cursos MOOC: Coursera, EdX, Udemy, MiríadaX, etc.

Os cursos MOOC teñen unha serie de peculiaridades que os diferencian dun curso e-learning tradicional, son as seguintes:

 

Curso e-learning

MOOC

Normalmente alóxase nun LMS tipo Moodle, é dicir, nun entorno pechado e suxeito a matrícula previa na institución correspondente

Aloxados en plataformas abertas que só requiren a creación de unha conta gratuíta.

Dirixidos a grupos limitados e con condicionantes previos de acceso (titulación, idade, etc)

Participación masiva e sen requisitos de acceso

Apoio e dinamización constante por parte do profesorado

A aprendizaxe é autónoma, social e participativa

Comunicación mediante foros e mensaxería

Uso de distintos medios tanto internos como externos (redes sociais) á plataforma na que se aloxe

Orientado á avaliación e á acreditación

Énfase na aprendizaxe máis que na acreditación (aínda que esta é posible mediante pago)

 

Na actualidade, existen multitude de plataformas dedicadas a cursos MOOC como EdX, Coursera, Udacity ou Udemy entre outras.

No caso da UDC, os cursos MOOC aloxáronse na plataforma MiríadaX ata o ano 2022.

Actualmente, a UDC conta coa súa propia plataforma de formación en aberto (https://udcaberta.udc.gal/) para aloxar tanto cursos Mooc coma outras accións formativas dirixidas tanto á comunidade educativa da UDC como á cidadanía en xeral.

Á súa vez os vídeos súbense á canle de youtube da UDC e o material textual de ampliación ao repositorio institucional (RUC).

Se pertences á comunidade universitaria da UDC non precisas crear unha conta, fai clic no menú Acceder da parte superior dereita e entra directamente coas túas claves da UDC a través do botón habilitado para iso. Aquí tes unha guía paso a paso do proceso.

Se non pertences á comunidade a UDC, fai clic no menú Acceder da parte superior dereita e crea unha conta. É un proceso sinxelo e rápido para o que unicamente precisas un correo electrónico. Aquí tes unha guía paso a paso do proceso. 

Si. Podes facer todos os cursos dispoñibles de forma totalmente gratuíta e unha vez finalizada a formación, descargar un diploma de finalización. Ademáis, recibirás de oficio un documento acreditativo oficial que será válido para trámites administrativos coma recoñecemento de créditos. 

 

 

Os cursos MOOC están constituídos fundamentalmente por material audiovisual. Adoitan estar distribuídos en módulos semanais, con varios vídeos cortos por cada módulo nos que os profesores expoñen os contidos do tema a tratar. Estes vídeos pódense complementar con materiais multimedia coma textos, infografías, imaxes interactivas, etc.

Debido ao seu carácter masivo, a avaliación dos cursos MOOC debe realizarse por vías que faciliten a autonomía do alumnado. Por iso, os instrumentos de avaliación máis recomendables serían:

  • Test de autoavaliación
  • Tarefas de avaliación por pares (P2P), onde os propios alumnos se avalían entre si

De todos xeitos, UDCAberta está baseada en Moodle, polo que facilita o uso de moitas e diversas ferramentas de avaliación do alumnado. 

Non teñen. Son totalmente virtuais e asíncronos, isto quere dicir que os podes facer ao teu ritmo e no horario que ti teñas dispoñible.

As dúas cousas. Podes atopar:

  • cursos que están abertos a matrícula durante todo o curso académico. Trátase de cursos que non están titorizados por docentes, son autoformativos. 
  • cursos que teñen unha data de inicio e de fin concreta (normalmente duran 3 ou 4 semanas) e teñen un equipo docente detrás dinamizando e titorizando o curso. 

Na descrición de cada curso, ao facer clic nel, podes ver o tipo de curso que é e as datas de inicio e fin se as tivera.

Si, o alumnado de grao pode recoñecer a formación cursada en UDCAberta sempre que así o especifique na descrición de cada curso. Pódese recoñecer 1 crédito por cada 30 horas de formación nestes cursos, ata un máximo de 4,5 créditos. Toda a información relativa pode consultarse no Acordo do Consello de Goberno, do 22 de xullo de 2025 (Anexo I, apartado P., Páx. 32).

Si, son acumulativos. É dicir, para recoñecer 1 crédito precisas facer varios cursos ata acadar as 30 horas de formación (ex: 3 cursos de 10 horas)

Unha vez rematada e superada a formación dos Mooc válidos para reconoñecemento, recibirás no teu correo electrónico un certificado oficial acreditativo con sinatura dixital (só ese é válido a efectos de recoñecemento. O diploma que xera a plataforma non sirve para este propósito).

A continuación, debes entregar o certificado ou certificados (no caso de non chegares a 30 horas con un só curso) na administración do centro onde cursas os teus estudos e tramitar alí o recoñecemento de créditos. 

O temario está incluido na Guía de Aprendizaxe, dispoñíbel unha vez se realiza a alta na plataforma UDCAberta. Ao acceder ao Módulo 0, na parte de abaixo do mesmo aparece para descargar en formato .pdf a “Guía de Aprendizaxe”.

Vídeos cortos de entre 3 e 6 minutos de duración

O total de material audiovisual do MOOC debe durar un mínimo de 30 minutos e non superar os 60 minutos.

Relación de aspecto 16:9 e resolución mínima de 1280x720

Gravación en formatos: MP4, AVI, MOV ou MPEG

Uso de trípode, cámara de alta resolución, iluminación complementaria, chroma (se é preciso) e micrófono externo.

Os vídeos estarán aloxados en canles abertas como Youtube, Vimeo, etc. e mellor baixo licenzas Creative Commons.

Os vídeos deben estar subtitulados como mínimo en castelán

Lembremos que un curso MOOC non leva titorización personalizada ao estilo dun curso e-learning tradicional, senón que son contidos orientados á autoformación e á aprendizaxe social en rede. Aínda así, unha dinamización efectiva fai que os cursos MOOC eleven considerablemente a súa tasa de finalización. Isto implica que en ningún caso un só docente se faga cargo do deseño e implantación dun curso MOOC, senón que debe ser un traballo conxunto de varias persoas cos seguintes roles:

  • Docentes: encargados do deseño pedagóxico do curso, da elaboración dos vídeos, material adicional e actividades de avaliación.
  • Facilitadores ou dinamizadores: serán os encargados da comunicación co alumnado mentras o curso se esté impartindo. Incentivando a participación nos foros, redes sociais ou calquera outra vía de comunicación que motive ao alumnado a participar activamente e a rematar o curso con éxito.

Hai diversos tipos de MOOC con modelos didácticos diferentes, os máis destacados e frecuentes son:

 

C-MOOC

(Networked-based)

X-MOOC

(Content-based)

H-MOOC

(Hybrid)

Metodoloxía

Conectivista

Transmisiva-expositiva

Híbrida

Centrado en

Intercambio de coñecemento entre participantes.

 

 Contidos

Contidos+apoio de redes ou comunidades virtuais de aprendizaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A UDC, a través da vicerreitoría de Internacionalización e Titulacións,  publica con carácter periódico unha convocatoria de cursos MOOC á que o persoal docente pode presentar os seus proxectos.

Cómpre que os docentes se aseguren da orixinalidade e do carácter innovador da súa proposta facendo unha procura en buscadores de MOOC como ClassCentral ou Mooc.es

O apoio ao profesorado que queira desenvolver un curso MOOC canalízase a través da Unidade de Teleformación do CUFIE (teleformacion.cufie@udc.es ext. 5612). Esta unidade ofrece asesoramento durante as fases de deseño instrucional, de gravación e edición dos materiais audiovisuais e de implantación dos mesmos na plataforma UDCAberta e na canle de Youtube da UDC.

Para a gravación dos vídeos, a Unidade de Teleformación conta con un equipo técnico e humano que se encarga de todo o proceso de gravación, posprodución e subtitulado dos vídeos. 

Dada a natureza aberta dos cursos MOOC, todos os seus materiais deben estar obrigatoriamente baixo unha licenza Creative Commons. Cada equipo docente poderá elixir libremente o tipo de licenza baixo a que se publicarán os seus contidos.

É responsabilidade dos equipos docentes velar polo uso legal de materiais alleos citando as fontes correctamente e obtendo os permisos necesarios para a súa publicación.

Para maior información sobre ese aspecto, cómpre ler as diferentes convocatorias de cursos MOOC publicadas.

Depende, hai convocatorias remuneradas e outras que non, por iso, o máis recomendable é buscar ese dato na convocatoria correspondente.

Ademáis, a UDC recoñecerá o traballo do equipo docente mediante certificación á innovación educativa en cursos MOOC emitida pola Vicerreitoría de Internacionalización e Titulacións.  

Si. A Unidade de Teleformación ofrece asesoramento ao deseño de cursos MOOC que se desenvolvan no marco de proxectos de investigación aínda que non se presentaran a ningunha convocatoria oficial. A diferenza é que a gravación dos cursos corre a cargo do proxecto de investigación. De todo o demais (asesoramento, subida dos vídeos a youtube, alta do curso en UDCAberta, etc) encárgase a Unidade de Teleformación. En materia de certificación, estes cursos teñen os mesmos dereitos ca os que foron aprobados en convocatoria oficial. Toda a info aquí

Se precisas asesoramento cubre o formulario de solicitude que atoparás na barra superior desta páxina e poñerémonos en contacto contigo á maior brevidade posible.