Plan de formación en competencias transversais para persoal predoutoral e posdoutoral (PFCTPD)

Un dos obxectivos fundamentais da Universidade da Coruña e recollido no seu Plan estratéxico 2022-2026 é o de establecer a mellora continua da investigación co fin de garantir a calidade da institución e mantendo o rol de axente catalizador da investigación e da transferencia de coñecemento á sociedade. 

Para a consecución deste obxectivo é preciso proporcionar ao persoal investigador, tanto en fase pre como posdoutoral a aprendizaxe en determinadas competencias transversais que son vitais no desenvolvemento da súa carreira profesional e que non se recollen no campo de estudo propio das súas investigacións. 

Dende a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), no seu White Paper publicado en 2022 como resultado do proxecto europeo Discovery Learning xa afondaba na necesidade de desenvolver compentencias transversais relacionadas coa ciencia aberta e a innovación. Engadidas a estas, están habilidades como a capacidade de xestión da información, o pensamento autónomo e crítico, a comunicación efectiva, a resiliencia e outras competencias comunmente coñecicas como soft skills. 

Neste mesmo documento recoméndase unha metodoloxía adaptada ás necesidades actuais deste colectivo e que plantexe propostas que sexan máis interactivas e que fomente este tipo de competencias durante a aprendizaxe.

Este plan formativo, elaborado conxuntamente entre a Oficina de Captación de Persoal Investigador (OCPI) e o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE),  intenta recoller este testemuño e presentar unha formación que profundiza gradualmente no aprendizaxe ata un paso final baseado na mentoría como vehículo para o acompañamento durante todo o proceso, de forma que o plan se desenvolve baseado nun blended learning no que a presencialidade é, ademais, individualizada.