A Universidade da Coruña ofrécelle á súa Comunidade Universitaria a posibilidade de participar tanto en competicións propias organizadas pola Área de Deportes (competicións internas) como en competicións e campionatos organizados por outras institucións nacionais e internacionais (competicións externas), nos que poderán representar á UDC.
Despois de participar en competicións (alumnado de grao e mestrado), poderase obter o recoñecemento de créditos (consultar no apartado de normativa).
Competicións internas
Competicións externas
A Coruña, a 10 de abril de 2025.
(*) A participación do estudantado nos Campionatos de España Universitarios neste ano 2025 non poderá ser sufragada pola UDC por causa da situación de desequilibrio orzamentario na que se atopa a institución académica. Xa estamos a traballar para buscar fórmulas de financiamento que nos permitan afrontar outro tipo de decisións o ano que ven.
Porén, no caso de que haxa persoas interesadas en inscribirse nestes Campionatos sen o apoio económico da UDC, poden contactar coa Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte (
vdcd@udc.gal) e consideraremos cada unha das situacións.
Lembramos que os Campionatos de España Universitarios (CEU) poden participar todas aquelas persoas que se atopen matriculadas no presente curso académico, e que acrediten ser estudantes de grao, mestrado ou doutoramento, dos títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional aos que se refire o artigo 9 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, pertencentes a calquera universidade recoñecida e representada no Comité Español de Deporte Universitario (CEDU). Poderán solicitar a súa participación todas aquelas persoas que cumpran os requisitos que establece o Regulamento de participación en competicións deportivas externas da UDC, e os respectivos Regulamentos xerais Técnicos do CSD de cada competición (consultar na ligazón Campionatos de España Universitarios, CEU).