A solicitude de incorporación a este itinerario debe realizarse indicando que desexas a docencia en inglés no momento de facer a matrícula. Solicitude.
Ademáis, tes que presentar a xustificación do nivel de idioma na secretaría no prazo de 10 días naturais desde que formalices a matrícula. Non poden cursar asignaturas en inglés quenes non están incorporados ao grao ou itinerario plurilingüe.
A docencia en inglés ten límite de prazas (20). Se houbese máis solicitudes, a selección farase por orde de cualificacións das ABAU. Antes do comezo das clases publicarase a relación de alumnos admitidos e a lista de espera. Para facilitar a incorporación ao ensino en inglés, os estudantes que opten por esta posibilidade quedarán automaticamente asignados ao grupo de mañá.
Podes desistir de cursar o grao ou itinerario plurilingüe e incorporarte ao grao en castelán/galego nas dúas primeiras semanas do curso presentando un escrito en secretaría.
A incorporación ao grao ou itinerario plurilingüe debes solicitala ao comezar a carreira. Aínda que quedas automaticamente adscrito a esta titulación, nos cursos seguintes debes seleccionar a docencia en inglés nas materias que corresponda ao facer a matrícula. Se non desexas continuar neste grao ou itinerario debes presentar un escrito en secretaría pedindo a adscrición ao grao en castelán/galego dentro do prazo de matrícula ordinaria.
Mª Ángeles Fuentes Loureiro
Coordinadora do estudo
maria.fuentes.loureiro@udc.es