Por mor da COVID-19 e da necesidade de manter unha configuración homoxénea dos grupos do centro, a Comisión de Docencia acordou, na súa sesión de data 10.09.2020, suspender a aplicación da NORMATIVA DE CAMBIO DE QUENDA DA FACULTADE DE DEREITO para o curso académico 2020/2021, coa excepción do previsto para o cambio de quenda por permuta. As solicitudes faranse no decanato do 21 ao 23 de setembro de 2020.
Tanto os trámites administrativos como as consultas faranse preferentemente por correo electrónico: administracion.derecho@udc.gal
As consultas poden realizarse por teléfono:
Se o persoal da administración informa de que precisa realizar ou completar un trámite presencialmente, será necesario solicitar cita previa a través deste enlace.