Posible colaboración coa Universidade DUTH (Grecia) da Alianza EMERGE

Proposta para proxecto en común da Convocatoria ERASMUS-EDU-2026-POL-EXP

Data límite de presentación da proposta na Convocatoria: 8 abril 2026, ás 17:00

O departamento de Ciencias e Tecnoloxía da Xestión da Universidade Demócrito de Tracia prepara unha proposta no marco da convocatoria ERASMUS-EDU-2026-POL-EXP (Tema 3: Itinerarios de aprendizaxe personalizados basados en IA para competencias básicas) para a cal a institución grega abre á posibilidade de colaborar con socios da Alianza EMERGE como a UDC.

O proxecto que se está a deseñar céntrase no desenvolvemento e a posta a proba de itinerarios de aprendizaxe personalizados basados en la IA para reforzar as competencias de lectura, escritura e aritmética en Educación Primaria.

Para entrar en contacto co equipo da proposta en DUTH, as persoas interesadas deben escribir un correo electrónico á persoa responsable das accións de investigación da Alianza EMERGE na UDC:

Dr. Pablo Rodríguez-Vellando
EMERGE University Alliance research lead
pablo.rodriguez-vellando@udc.es