Emprende na UDC

Queres emprender e adquirir as habilidades transversais?

Apertura da convocatoria SANTANDER X EXPLORER UDC 2026, que se impartirá na nosa universidade: Campus da Coruña e de Ferrol.

         Campaña (2)      Cartel Explorer 2026     Campaña (8) 

Os/as estudantes que se sumen a esta edición terán a oportunidade de formarse e adquirir as habilidades emprendedoras e comunicativas que axudan á súa empregabilidade, así como os coñecementos necesarios para construír e validar unha idea de negocio que contribúa a lograr os obxectivos de desenvolvemento sostible para o ano 2030.

Os/as participantes accederán a unha comunidade global de persoas innovadoras que vai ir medrando edición tras edición coa incorporación dos Explorer de diferentes paises.

Unha vez finalizado o proceso de formación, os proxectos que completen as actividades do programa recibirán un certificado de participación. Ademais, os proxectos que resulten gañadores recibirán un premio.

A convocatoria para participar no programa permanecerá aberta ata o 2 de decembro.

As persoas interesadas en desenvolver a súa idea de negocio poderán acceder a toda a información en explorerbyx.org e deberán presentar a súa candidatura (soa ou en equipo- máximo 5 persoas).

 

Coordina:                                                       Colabora:
Vee_COR                            Campus industrial

 

Inscrición