Entrevista de traballo

A entrevista de traballo é unha das técnicas empregadas habitualmente nos procesos de selección que serve para elixir a persoa que posúa as competencias profesionais requiridas para desempeñar de forma óptima o posto de traballo ofertado.

Para minimizar a tensión que xera o enfrontarte a unha proba descoñecida deberías:

  • Saber que tipo de entrevistas son as máis frecuentes.
  • Saber que preguntas che poden facer.
  • Que podes preguntar.
  • Como responder ás preguntas e como comportarte.

É moi importante que fagas unha autoanálise para preparar a entrevista de traballo. Con esta fin, reflexiona sobre:

  • As túas capacidades, aptitudes ou habilidades.
  • Personalidade
  • Intereses e motivacións
  • Actitudes
  • Coñecementos e experiencias profesionais
  • Experiencias extraacadémicas

En definitiva, trátase de que sexas consciente das túas competencias profesionais para poder "vendelas" a unha empresa e adaptar o teu CV a unha oferta de traballo que se axuste ao teu perfil profesional e ao teu obxectivo.

 A continuación, dispós de información sobre o obxectivo desta técnica, tipos e consellos para superala:

Obxectivo da entrevista

Tipos de entrevista

Consellos