Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorado pola Universidade da Coruña. Actualmente é profesor titular e director do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña e membro do Consello Económico e Social de Galicia.
As súas liñas de investigación versan sobre a análise de inversións, a análise de eficiencia e a análise de decisión multicriterio.
Dentro do ámbito da Universidade da Coruña foi vicerreitor de Estratexia e Planificación Económica, vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, coordinador do mestrado en Xestión e Políticas Públicas e coordinador do Programa de Doutoramento en Métodos de Investigación e Técnicas de Xestión de Organizacións. Ademais tamén foi membro del Comité de Selección de Investigación de la Xunta de Galicia.