Jaime Castiñeira de la Torre cursou os seus estudos de Administración e Dirección de Empresas en Icade, especializándose en business negotiations and internacional Trade.
Desde os seus inicios laborais na Empresa Nacional Bazán desenvolveu o seu labor en distintas construtoras a nivel nacional así como en Superco, empresa construtora e xestora de centros comerciais.
Desde o ano 2005 é director xeral da Empresa Municipal de Vivenda e Servizos e da Empresa Municipal de Aguas de La Coruña.
Mantívose desde a súa creación como conselleiro da sociedade filial de Emalcsa especializada en depuración e da Fundación Emalcsa. Foi socio fundador e actual secretario da Asociación Española de Empresas Locais, con representación en Europa mediante a CEEP e tamén como vogal do consello da Asociación Española de Abastecemento e Saneamento. Actualmente éresponsable do proxecto Smart Coruña.