É doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidad de Málaga (UMA), catedrático de Contabilidade Pública e director do Departamento de Contabilidade e Xestión, vicepresidente da Fundación Instituto de Estudios da Hacienda Pública Andaluza, presidente del Comité Científico-Académico de la Oficina de Cooperación Universitaria y presidente del Comité de Expertos para la Tributación y Cálculo de Costes del Ayuntamiento de Málaga. Ademais, é membro de número da Academia Malagueña de Ciencias e forma parte da Unidad Técnica de Proyecto de Costes na FEMP, membro internacional de A3ES e forma parte do consello asesor e editorial de varias revistas nacionais e internacionais ademais de revisor doutras 7 revistas.
Participou en varios grupos de traballo da IGAE e na Comisión creada polo MECD para a elaboración do Documento da Contabilidade Analítica para as Universidades Españolas, en representación da CRUE. Ocupou a presidencia do Instituto Internacional de Custos e a Vicerreitoría de Asuntos Económicos da Universidad de Málaga.
Dirixiu ou codirixiu 21 teses doutorais, autor ou coautor de 105 entre libros, capítulos de libros, artigos de revistas nacionais e internacionais e 68 participacións en congresos nacionais e internacionais. Igualmente dirixiu ou codirixiu máis de 60 traballos de consultoría científica, a través de convenios ou contratos da Universidad de Málaga, con institucións públicas e privadas.
Finalmente, é socio fundador da empresa Sistemas de Información Intelixente para a Xestión (Spin-Off da Universidad de Málaga)