Actividades

As actividades de Alumni UDC divídense en dous: aquelas destinadas ós membros e beneficiarios e aquelas necesarias para o correcto funcionamiento da Asociación.

 

ACTIVIDADES E PROXECTOS PARA OS MEMBROS E BENEFICIARIOS

Organízanse dacordo ós catro eixos estratéxicos da Asociación:

 

  1. Facilitar a creación de nexos entre exalumnxs
  • Realizar actividades de convivencia.
  • Dispoñer de elementos e espazos físicos e virtuais para o uso común dos membros e beneficiarios.
  • Desenvolver convenios para ofrecer aos membros e beneficiarios descontos en organizacións participantes.

 

  1. Facilitar a transferencia de información entre exalumnxs e actuais alumnxs e recentemente graduadxs con fins de desenvolvemento, colaboración e emprego
  • Xestionar unha plataforma a través da que exalumnxs poidan dar visibilidade ás actividades de recrutamento nas empresas en que traballen.

 

  1. Ofrecer ferramentas para o desenvolvemento profesional, empresarial e persoal
  • Realizar talleres e actividades de desenvolvemento profesional.
  • Desenvolver convenios para ofrecer aos membros e beneficiarios servizos profesionais con tarifas preferentes.

 

  1. Dar a coñecer, dentro e fóra da Asociación e da UDC a exalumnxs exitosxs
  • Realizar e difundir entrevistas/reportaxes sobre exalumnxs, os seus logros e proxectos.
  • Converternos en canle preferente de relación entre a UDC e a súa comunidade de exalumnxs.

 

ACTIVIDADES INTERNAS DA ASOCIACIÓN

Estas actividades realizámolas internamente na Asociación; mais estariamos encantados de contar coa tu colaboración.

COMUNICACIÓN

  • Xestionar canles de comunicación en redes.
  • Elaborar contido para redes sociais (fotografías, imaxes, reportaxes…) a partir dos proxectos e actividades da Asociación.
  • Elaborar contido gráfico requirido polos outros Equipos.
  • Propoñer actividades/entrevistas/reportaxes.

XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN

  • Elaborar o Regulamento de Réxime Interno.
  • Definir comisións específicas para o desenvolvemento de proxectos/actividades.
  • Elaborar os plans estratéxicos.