FAQ

Para as materias cuadrimestrais impartidas no primeiro cuadrimestre, a avaliación está aberta durante catro semanas empezando a contar, normalmente, a partir da última semana do mes de xaneiro, unha vez rematen os exames oficiais. 

Para as materias anuais e as cuadrimestrais impartidas no segundo cuadrimestre, a avaliación comeza, normalmente, a primeira semana do mes de xuño, unha vez remate o período oficial de exames do segundo cuadrimestre, e está aberta durante seis semanas.

Todo o alumnado matriculado na UDC en titulacións oficiais de grao ou mestrado. En cada campaña -primeiro cuadrimestre ou segundo cuadrimestre/anual- terán a oportunidade de avaliar as materias que lle correspondan.

Todo o profesorado con carga docente no curso actual e que así figure no Plan de organización docente (POD) da Universidade da Coruña, incluído o dos centros adscritos.

Para acceder, tanto se é estudante como se é docente, deberá utilizar o nome de usuario/a e o contrasinal de https://servizos.udc.es

Na páxina principal de Avaliemos (https://www.udc.es/gl/avaliemos/) atopará as ligazóns de acceso, tanto para estudantes como para docentes, segundo lle corresponda.

Ademais, pódense consultar as preguntas que compoñen cada enquisa, sen necesidade de entrar nelas, premento nas ligazóns que figuran no apartado Textos das enquisas.

Só se poden avaliar as materias que acaban de rematar. Na campaña de xaneiro/febreiro son as do primeiro cuadrimestre e na campaña de xuño/xullo son as materias anuais e as do segundo cuadrimestre. 

Ademais, as materias de Prácticas Externas e de Traballo Fin de Estudos (TFG/TFM), a día de hoxe non se avalían. 

Se ten algunha dúbida ao respecto, pode facer unha consulta no correo de contacto avaliemos@udc.es

As enquisas son 100 % en liña e poden cubrirse desde calquera dispositivo con conexión a Internet (ordenador, móbil, tableta...).
Pódese acceder a elas en calquera momento mentres estea aberta a campaña de avaliación.

Se é estudante: unha enquisa para cada profesor/a que imparta cada materia matriculada, máis unha enquisa “xeral” sobre as súas propias competencias.

Se é docente: dúas enquisas por cada materia impartida (unha sobre a súa docencia e outra sobre as competencias do seu alumnado), máis unha enquisa “xeral” sobre as súas propias competencias.

Non, as enquisas por materias ábrense na campaña que corresponda unha vez remate o seu período de docencia: primeiro cuadrimestre na campaña xaneiro/febreiro e segundo cuadrimestre e anuais na campaña xuño/xullo.

A enquisa xeral (autoavaliación de competencias) ábrese unicamente na segunda campaña, xuño/xullo.

Si, todas as enquisas que non se cubran no primeiro cuadrimestre volveranse a abrir na segunda campaña. 

As enquisas sen cubrir aparecerán na listaxe como "Enquisas pendentes". Polo tanto, a súa avaliación finaliza cando non hai ningunha enquisa na lista de pendentes.

Se ten calquera problema informático no uso da aplicación e non o pode resolver coa información proporcionada nas FAQ, abra unha incidencia nesta ligazón do portal AxudaTIC.

Atendemos e respondemos exclusivamente por escrito. Escriba unha mensaxe desde o seu correo da UDC a avaliemos@udc.es.

Teña en conta que só poderemos contestar mensaxes que proveñan de enderezos de correo electrónico do dominio @udc.es.