Presentación

Que é Avaliemos?

Avaliemos é o sistema que utiliza a UDC para avaliar a actividade docente. Participan tanto o alumnado como o profesorado, a través dun conxunto de enquisas dispoñibles en liña, que se poden cubrir de forma rápida e anónima.

Que tipo de enquisas hai?

Hai dous tipos principais:

  • Enquisas por materia:
    • O alumnado avalía como foi a docencia recibida en cada materia e con cada docente.
    • O profesorado tamén pode autoavaliar a súa docencia por materia.
  • Enquisas xerais:
    • O alumnado reflexiona sobre as súas propias competencias para a aprendizaxe.
    • O profesorado avalía as competencias do alumnado (de forma global) e tamén pode facer unha autoavaliación das súas propias competencias docentes.

Para que serve Avaliemos?

Avaliemos axuda a:

  • Mellorar a calidade da docencia, detectando fortalezas e aspectos que se poden mellorar.
  • Deseñar programas de apoio e formación adaptados ás necesidades reais de alumnado e profesorado.
  • Fomentar unha docencia máis reflexiva e comprometida.

Que aspectos se avalían?

As enquisas céntranse en tres grandes áreas:

  • As metodoloxías docentes empregadas nas materias.
  • Os sistemas de avaliación.
  • As titorías e acompañamento ao alumnado.

Ademais, tamén se recollen datos sobre competencias específicas, como o uso de tecnoloxías, as distintas modalidades docentes, ou a saúde laboral no caso do profesorado.

Onde podo ver as enquisas?

Podes consultar os cuestionarios e cubrir as enquisas no seguinte enlace:  https://udc.gal/avaliemos